Skip to Content

FICHAS "AMAR"

 

Ola, familias!!!

 

Moita enerxía positiva para seguir camiñando!!!!!

 

 Para esta fin de semana propóñovos unha película en familia, que ao mellor xa os vosos  nenos e nenas xa  a viron e vos con eles pero nunca está demais volver a vela pero desta vez reparando en todo o que nos quere transmitir.

“Toy Story” (2015). É educativa porque nos acerca a un mundo de fantasía que nos atrapa, nos divirte e nos fai reflexionar sobre os grandes valores que propician as relacións sociais e o crecemento positivo, para o cal necesitamos valorar todo aquilo que temos, xa se trate de bens materiais ou inmateriais, como único camiño para valorarnos a nós mesmos. ÁNIMO, FAMILIAS!!

 

Envío tamén a dirección de correo do libro AMAR (https://www.palabrassaladas.com/amar) no que cada unha das súas páxinas é unha invitación a conversar sobre o amor. Este libro ilustrado describe, con sinxeleza e primor, os corenta trazos que dan beleza á palabra AMAR.

Sempre se dixo que o amor é como unha planta. Hai que regala e coidar,… cada folla que a embelece. E ese amor se converterá nunha árbore frondosa e chea de froitos.

Amar contribúe ao noso benestar emocional: axúdanos a construír boas relacións, poñéndonos en valor a nós mesmos e recoñecendo e apreciando o bo trato que recibimos dos demais.

Cando nos sentimos coidados, respectados, apoiados, invádenos a certeza de que poderemos facer realidade calquera sono. Porque sabernos amados nos dá ás. E esa sensación é a máis fermosa.

Por iso vos propoño un reto, familias!!!!

Intentámolo?????

Envíovos fichas para traballar as palabras dozura (dulzura) e coidado,que teñen relación coa palabra Amar

Ao final da vindeira semana enviareivos as solucións destas fichas.

Ánimo vos podedes!!!!!!

 

 

AdxuntoTamaño
amar_ficha_01_dulzura.pdf1.37 MB
amar_ficha_02_cuidado.pdf344.95 KB
Cuento_coronavirus_colorear_ES.pdf2.27 MB


blog | by Dr. Radut