Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
Campañas
NINGÚN XOGUETE SEN NENO
Démoslle unha segunda vida a eses xoguetes en bo estado que xa non teñen quen xogue con eles...e faremos felices a quen os necesita!
Receitas creativas con peixe 22-23
Analizamos peixes e despois... A crear receitas!!!!
QUE BONITO O NOSO PATIO
Seguimos a axardinar o noso patio. Coa axuda da concelleira de parques e xardíns, quen nos enviou a árbores , os arbustos e as begonias,os nosos rapaces e rapazas, coa axuda dos mestres e mestras fixemos a plantación. Agora a seguir coidándoos, para que medren e nos dean esa beleza natural ao noso patio, para goce dos sentidos.
Día dos dereitos do consumidor
O 15 de marzo é o día mundial dos dereitos do consumidor.
O noso centro sumouse a traballar un dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.
Con tal motivo o alumnado e as mestras e mestres, fixeron un estudo da información que aparece nas etiquetas dos alimentos que traen para merendar no recreo.
A principal análise que fixeron foi analizar os datos que aparecían, e logo centráronse na cantidade de azucre que conteñen.
O cálculo que realizaron desvelou a enorme cantidade de azucre que conteñen a maioría dos produtos que consomen a diario e que aparentan "saudables".
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »