Listado libros de texto

Apertura prazo solicitude de fondo libros e adquisición de material escolar curso 24-25

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 24-25

Está regulado pola ORDE do 7 de maio de 2024, publicada no DOG do 20 maio de 2024.

Está xa aberto o prazo para solicitar:

- Fondo Solidario de libros de texto, cursos de 3º e 4º de Primaria.

- Axudas para adquirir libros de texto, cursos 1º e 2º de Primaria.

- Axudas para material escolar,  todos os cursos de Primaria de  1º a 6º .

Prazo:

Hasta o vindeiro 21 de xuño de 2024, inclusive

Lugar de presentación:

-Preferentemente por vía electrónica, na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, formulario normalizado (ED330B-anexos I e II)

-Opcionalmente, presencialmente no centro educativo

Impresos para descargar e cumprimentar:

-Anexos I e II

Documentación:

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, ademais, deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

Excepcionalmente, cando a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde ou non sexa posible acreditar a súa composición polos medios anteriores, poderase xustificar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

1º. Certificado ou volante de convivencia.

2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.

e) Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

h) Outra documentación.

 

 

 

Listaxe libros curso 23-24

Listaxe Libros Curso 2023-2024

Premendo no nome do arquivo poden consultar a lista.

 Arquivo pdf.

Distribuir contido