Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
Eventos 60º Aniversario
PRESENTACIÓN DO LIBRO "O GRUPO, 60 NO CORAZÓN DE RIBEIRA"
O PASADO VENRES 19 DE NOVEMBRO PRESENTOUSE O LIBRO DA HISTORIA DO GRUPO
O prezo do libro é 15 euros, e podédelo mercar no propio centro; Ceip O Grupo (Miguel Rodríguez Bautista, 22) e nestas librarías de Ribeira:
- Libraría Sanyg
- Libraría Nobel
- Libraría Máster
- Libraría Mirás
- Libraría León de Padín
- Quiosco da plaza de Benetton
ACTO HOMENAXE AOS MESTRES XUBILADOS
Este sábado 8 de maio vimos de celebrar dentro das actividades de conmemoración do 60 aniversario da creación do noso centro un acto para homenaxear a todas aquelas persoas que traballaron no corazón de Ribeira, no Grupo.
Clica na ligazón para entrar á galería de imaxes do evento
Acto Homenaxe aos mestres xubilados
Para eso temos previsto o seguinte calendario de actividades
11:00 Recepeción no Conservatório Municipal.
11:30 Benvida a cargo do director do CEIP O Grupo, don Anxo Corbelle Magariños.
11:40 Conferencia “Vivencias como mestras do Grupo” a cargo de dona Dolores Rodríguez, dona constantina Reiriz e dona Amalita Méndez. As 3 son mestras xubiladas do CEIP O Grupo.
12:05 Lectura do poema a cargo do mestre e ex-director do Grupo don Pedro Rovira Magariños.
12:10 Entrega de Placas aos docententes e persoal de servizos do CEIP O Grupo.
13:00 Descubrimento da Placa homenaxe do 60 aniversario na fachada do edifício. Breves palabra do director e das autoridades presentes (Xefa Territorial, Deputada Provincial e alcalde).
13:30 Baile galego a cargo do Grupo de Baile do Grupo no hall.
13:40 Visita guiada ao colexio ensinando as dependéncias.
14:00 Pinchos de confraternización.
15:00 Comida só para mestres.
- Vai ser no restaurante do Clube Náutico de Ribeira .
- Precísase reservar con antelación, antes do 4 de maio, facendo un ingreso de 40 €uros na conta de Caixa Galicia 2091-0303-89-3040019116. Ao facer o ingreso haberá que dicir o nome e apelidos para confirmar a reserva,
- Poderase traer acompañante facendo o ingreso pertinente.
- A cada asistente á comida entregaráselle un agasallo conmemorativo.
Esperando contar coa súa presenza, saúdalle:
Director do CEIP O Grupo
CONFERENCIA "EDUCACIÓN EN RIBEIRA NOS ANOS 50"
O próximo día 10 de decembro de 2009 estades invitados á conferencia impartida por D. José M. Pérez Lustres "Chenel" E José Antonio Otero Sobrido que se celebrará no Conservatorio Municipal ás 19:00 horas. O título da conferencia "Educación en Ribeira nos anos 50". Ao rematar proxectaranse imaxes das escolas de Ribeira da época.
Agardamos contar coa vosa presencia, estades todos/as invitados/as!.
Anxo Corbelle Magariños
Presidente da Comisión do 60 aniversario do CEIP O Grupo de Ribeira.
UNHA FESTA FIN DE CURSO DE 60 ANIVERSARIO
O fin de curso 2008-09 celebramos unha festa inimaxinable, á altura de todo un 60 aniversario.
Na imaxe superior vemos unha escolma dalgunhas das actividades realizadas e dende aquí agradecemos a colaboración do Concello de Ribeira a través de Concellería de Educación e Cultura, da Deputación da Coruña, da Academia de perruquería Yara, da Academia de baile Tomasón, das mamás da ANPA, dos mestres/as colaboradores/as e de todo o alumnado.
Contamosvos aos que non estivestes o que fixemos:
O venres 19 de xuño tivemos as seguintes actividades:
- A obra de teatro "O GRANDE TESOURO MARIÑO" ao que asistiu en varias quendas todo o alumnado do centro. A obra foi escrita e Dirixida por Fina Outeiral, colaboraron varios mestres/as de infantil e primaria: Gena, Loly Iglesias, Luis Teira, Elena Varela, O atrezzo foi elaborado pola coidadora Estefanía. A intrepretación estelar foi dun equipo de mamás da ANPA.
- Ao rematar as quendas do teatro realizouse un encontro de Brilé mestres/as.
O luns 22 de xuño tivemos todas estas actividades:
- Obradoiro de Cociña cos cociñeiros Manuel Rivas e Saúl Framiñán. Onde nos ensinaron algunha obra de arte coas froitas e verduras e onde tamén elaboramos deliciosas e fresquiñas brochetas de froita.
- Obradoiro de maquillaxe. A mamás de dúas alumnas do centro axudaron co persoal da súa perruquería Yara, neste obradoiro de maquillaxe, onde todolos alumnos/as se convertían en fachendosas obras de arte facial.
- Obradoiro de comida tenebrosa. O Equipo de Infantil elaborou unha sesión de elaboración e degustación de comida tenebrosa: arañas, dedos de momia, osos de morto, ataudes varios... Se disfrutamos elaborandoas, máis aínda ao comelas, non quedou nin unha faragulla.
- Karaoke. Na aula de PT2 habilitouse un grandioso e catártico karaoke onde neos e maiores afinaron mellor ou peor as cancións de hoxe e de onte solicitadas.
- Actuación do Mago Romarís. Este famoso mago deixou a propios e extraños coa boca aberta ao manexar con abraio cartas, cordas, botellas máxicas...
- Actuación do grupo de Baile rexional do cole. O noso grupo de folcklóricos galegos interpretou varias pezas no palco habilitado no patio do centro, dirixidos con acerto pola mestra Teté.
- Exhibición de Baile Latino da Academia Tomasón. alumnos da academia e do noso centro interpretaron con mestría latina varias pezas deixando aos espectadores absortos cos movementos coordinados da cadeira.
- Solo de Flauta do alumno Carlos Calvo. Unha vez máis o alumno de 6ºB, Carlos Calvo interpretou un solo de frauta.
- Entrega de Premios dos Certames das Letras Galegas 2008-09.
Para rematar deixamosvos o mellor de todo:
- Hinchables. Duante toda a mañá e respectando rigurosamente as quendas disfrutamos de tres hinchables. Descalzarse, saltar, xirar, chocar, trepar e deslizarse. Unha pasada!.
- Reparto da revista Alborada polo Capitán Benito Souto e Grumeta Quilla. Estes personaxes do noso cole repartiron unha revista novidosa, inclúe o clásico formato en papel e un DVD con música, moitas imaxes, video e incluso varios xogos. Este DVD é para uso no PC e é importante ter instalado no PC o programa Flash.
Conferencia " A Construcción do Grupo"
O 28 de maio de 2009 numerosos mestres e anteriores mestres/as, representantes do concello, pais e nais do noso cole asistiron á conferencia que levaba por título:"A Construcción do Grupo".
Ao redor das 19:30, no salón de actos do Conservatorio Municipal de Ribeira, D. Emilio Rodríguez López (Erolo) e D. José Antonio Otero Sobrido nos ilustraron con datos curiosos e anécdotas divertidas nunhas ponencias amenas ao redor da historia da creación do noso cole e da Educación en Ribeira que se pecharon cunha pequena quenda de preguntas dos asistentes aos conferenciantes.
A Comisión xa está a preparar outra conferencia para próximas datas, da que faremos mención nesta páxina e a través das canles habituais.
Clica para ver imaxes da galería
Exposición: "Os Documentos Do Grupo"
Dentro do ciclo de Actividades organizadas pola Comisión do 60 Aniversario do centro, o 28 de Maio celebramos unha exposición no edificio principal do cole titulada "Os Documentos do Grupo". Coa inestimable colaboración do Concello e da documentación facilitada polo arquiveiro municipal xunto coa dispoñible no centro organizamos unha mostra de documentos "curiosos" que teñen que ver coa orixe e evolución do noso centro. A mostra seguirá aberta os próximos días para que a poida visitar máis xente da comunidade educativa interesada. Invitámosvos a vela.
Clica para ver a galeria de imaxes
Exposición "As Cousas do Grupo"
"As Cousas do Grupo"
O xoves 23 de abril de 2009 inauguramos na nosa escola a exposición de material didáctico e mobiliario escolar da época dos nosos avós. Para esta exposición, en colaboración co CEFORE, o Mupega cedeunos mobiliario para recrear como era unha escola nos anos 60. Do mesmo xeito incrementamos a mostra con material pertencente a este centro desde as súas orixes e tamén con mostras cedidas temporalmente pola familias do nosos alumn@s.
Seguidamente, grazas as xestións do CEFORE de Santiago, sección da Pobbra, organizamos a primeira das conferencias programadas con motivo do 60 aniversario do centro.
Sobre as 19:00, no salón de actos do conservatorio de Ribeira tivemos a conferencia a cargo do catedrático de historia da Educación da USC, D. Antón Costa Rico, titulada "A Escola Nacional Católica: ideoloxía, mitos, poucos saberes e boa conduta".
Actividades Comisión 60 Aniversario
Estas son as actividades previstas para realizar co gallo do 60 aniversario do noso centro.
1. EXPOSICIÓNS
1.1. O Grupo na Prensa. Recopilación de documentos e novas de xornal nas que O Grupo sexa o protagonista. Exposición deste material no centro.
1.2 Os rostros do Grupo. Recopilación de fotografías de mestres e alumnado que pasadon nas distintas épocas do centro. Exposición das mesmas
1.3. As cousas do Grupo. Traballo de localización, restauración e exposición do material didáctico e educativo utilizado nos 60 anos de historia do centro.
1.4. O Grupo a través de Alborada. Alborada é a revista do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do centro. Faremos unha exposición con todo o material editado.
2. CONFERENCIAS DIVULGATIVAS. Desenvolveranse unha serie de conferencias no centro de ensino, abertas a todo o público interesado.
Título | Poñente | Data |
"A Escola Nacional-Católica: ideoloxía, mitos, saberes e boa conduta" | D. Antón Costa Rico | Abril de 2009 |
Lembranzas da vida escolar | Pendente de confirmar | Febreiro 2009 |
60 anos da educación en Galicia | Pendente de confirmar | Marzo 2009 |
3. DOCUMENTAL "NO CORAZÓN DE RIBEIRA, 60 ANOS DO GRUPO” Elaboración dun documental, de 30 minutos, con testemuños de alumando e profesorado que pasou polo centro. Este documental contará con numeroasas imaxes de arquivo.Neste documental describirase como evolucionou o centro arquitectonicamente e como se transformou a realidade do entorno do centro. Temporalización: estrea en Xuño 2009.
4. EDICIÓN DO LIBRO " CÓNTAME A HISTORIA DO GRUPO" Elaborarase un libro con fotografías e textos sobre a historia do centro. Este libro distribuirase entre toda a comunidade educativa. Tirada 1000 exemplares. Temporalización: presentación Maio 2009.
5. HOMENAXE AOS MESTRES/AS QUE PASARON POLO CENTRO. En xuño desenvolverase unha xornada de convivencia onde se homenaxearán aos mestres que pasaron polo centro nas distintas épocas. Ademais será un acto institucional e presentarase o documental “No corazón de Ribeira, 60 anos do Grupo” e do libro “Cóntame a historia do Grupo”. Temporalización: xuño 2009.