8M 22-23

8M Navegando a prol da igualdade

 cartaz 8M cartaz-Seguimos aquí

Neste día tan importante, quixemos poñer en valor a forza, coraxe  e empuxe que as nosas mulleres do mar tiveron e teñen. Visitáronnos mulleres pioneiras no eido das profesións do mar: unha bateeira, Esther, unhas percebeiras en activo, Sami e Ana ; unhas  pioneiras xa xubiladas: percebeira , Marisa, redeira, Manolita, e  conserveira, Edita, que son unha representación de moitas outras mulleres valentes, e que viñeron falarnos do seu labor e transmitir esa mensaxe de valentía, loita e igualdade ao noso alumnado.

 percebeiras en activo Marisa,Manolita e Edita-8M Bateeira Esther

Fixemos un agasallo para as mulleres das nosas familias, con unha mensaxe de agradecemento e un caravel.

 8M agasallo familias 8M agasallo familias

8M agasallo familias 8M agasallo familias  8M agasallo familias 8M agasallo familias

Logo cantamos todos e todas ao unísono a canción "Tempestades de sal", que coa axuda dos nosos mestres e mestras aprendemos e ensaiamos ao longo destes días.

tempestades de sal vídeo 2223

 

ENTROIDO 22-23

  ENTROIDO GIF bandeiriñas entroido

"Moita troula, moito disfraz, moita festa,... E tamén moita rosca e orella!!!

Premede para ver o vídeo

ENTROIDO video

 

E se queredes vernos cos nosos disfraces con máis calma, premede para ver a nosa Galería de Imaxes.

POLA PRAIA DE COROSO 22-23

Seguimos coa campaña de limpar, pasear e gozar das nosas praias.

Saída Praia de  Coroso febriro 2023

 

Dia da diversidade 22-23

DÍA DA DIVERSIDADE

O 3 de decembro, todos e todas celebramos a festa da diversidade. No colexio e tamén indo a Boiro, a participar coa Asociación Amicos, no seu super festival Festiritititi 2022.

Aprendemos que todos e todas temos cualidades polas que sentirnos orgullosos e orgullosas do que somos e do que somos capaces de facer. Que nada nos poña límites, que cada un de nós poda desenvolver as cualidades que nos fan sentir ben, felices e integrados  e integradas plenamente na nosa comunidade educativa.

Os nosos reporteiros e reporteiras entrevistaron na nosa emisora RAdioTOdiño a Álex Vidal, o noso campión paralímpico, que é un exemplo de  tesón, loita, superación,...

Premede na imaxe para escoitalo.

Álex Vidal

 

Por iso, que ninguén poña en dúbida, que podemos voar tan alto como nos propoñamos.

Mural de ás, no Dia da Diversidade

 

Taller Axenda Urbana 2023

O alumnado de sexto de Primaria, tivo a primicia de poder inaugurar o  arranque da Axenda Urbana do Concello de Ribeira, xunto co noso alcalde.   Taller Axenda Urbana 2023-alc Cartaz Axenda Urbana Ribeira 2023 Cartaz Axenda Urbana Ribeira 2023

Desenvolveuse un obradoiro, onde os nenos e nenas puxemos en valor a cidade, e analizamos distintos aspectos, para logo facer as suxerencias axeitadas para conseguir que o noso entorno sexa cada vez máis sostible e humanizado.

25N 22-23

25N gif logo cole Non Violencia             25N-22-23-QR

Neste mar de violencia, que é unha lacra para a nosa sociedade, o noso alumnado e os  mestres e mestras estamos a desenvolver actividades e dinámicas que deixen pouso, para que todos e todas coma cidadáns contribuamos a erradicala da nosa comunidade educativa e da nosa cidade.

MENSAXE DE ESPERANZA

Afouteza

Desde a o noso centro queremos compartir a toda a comunidade educativa esta mensaxe de esperanza onde cada un de nós conta, e cada un de vós suma, desde os nosos fogares, nesta loita contra ese inimigo invisible...

Preme na imaxe para escoitala.

.video-esperanza

 

 

 

Distribuir contido