Skip to Content

Información familias

O CEIP DE GALÁN RECIBE O PREMIO DO 9º CONCURSO DE MAIOS DO CONCELLO DE ARTEIXO

O CEIP de Galán foi premiado co premio de maio artístico no 9º concurso de Maios do Concello de Arteixo. Recibiu o premio a directora do centro, Mª Concepción Sánchez Vaamonde, en nome da comunidade educativa. O acto de entrega celebrouse o 24 de maio de 2024 na Praza do Balneario ás 13.00 h.

Agradecer novamente a todas as persoas da comunidade educativa que colaboraron na súa confección, na confección de "JALANA AO CARRO".

PARABÉNS!!! e grazas á Concellería de Cultura do Concello de Arteixo.

 

VI CERTAME O VELLO DOS CONTOS

O alumnado de 5º de Educación Primaria participou no  VI Certame o vello dos contos coa elaboración dun podcast.

Foi coordinado pola mestra María Berini.

Preme aquí para escoitar o Podcast.

COORDINACIÓN IES DE PASTORIZA

Para facilitar a transición do alumnado de 6º de Educación Primaria ao IES de Pastoriza, dende o centro, e, en coordinación co instituto, lévanse a cabo as seguintes actividades:

- Reunión entre as xefaturas dos respectivos departamentos de orientación.

- Visita ao IES de Pastoriza polo alumnado de 6º. Data 22 de maio de 10:40 a 11:30.

- Reunión coas familias no CEIP de Galán. Data 27 de maio ás 16:45.

 

BECAS NECESIDADES EDUCATIVAS

Bo día, 

Xa está publicada a RESOLUCIÓN DE LA SECRETARÍA DE ESTADO DE EDUCACIÓN, POR LA QUE SE CONVOCAN AYUDAS PARA ALUMNOS CON NECESIDAD ESPECÍFICA DE APOYO EDUCATIVO PARA EL CURSO ACADÉMICO 2024-2025.

As solicitudes tanto de axudas como de subsidios deberán cumprimentarse mediante o formulario accesible por internet na dirección www.educacionyfp.gob.es ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes na dirección https://sede.educacion.gob.es.

O prazo de presentación de solicitudes estenderase desde o día 30 de abril de 2024 ata o día 13 de setembro de 2024, ambos inclusive.

 

O NOSO PATIO DE RECREO

FORMACIÓN ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA

Hoxe, o alumnado de 5º de primaria recibíu unha sesión formativa sobre "Parques Eólicos" a cargo de Alberto.S.M (Xerente Enxenería Civil e Medio Ambiente en IDOM Consulting Engineering Architecture S.A.U).

Moitísimas grazas!

 

2ª ROLDA CAMPIONATO DE PARCHÍS

Distribuir contido


by Dr. Radut