Skip to Content

VI CONCURSO DE NARRACIÓNS BREVES EN FAMILIA

Xa temos os nomes dos premiados, das premiadas e dos/as finalistas.

Parabéns a todas e todos.

 

Navega con Rumbo

Programa Navega con Rumbo.

Letras Galegas 2014

  Xosé María Díaz Castro Xa tedes á vosa disposición na web do Seminario Galán numerosa información sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, 2014, Xosé María Díaz Castro (biografía, fotos, dípticos...) así como diferente material didáctico, en PDF e en rede para os tres ciclos de educación primaria e educación infantil.

Tamén podedes atopar este mesmo material, xunto con outros achegados por outros centros educativos, na páxina da coordinadora de ENDLG e na da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

VI CONCURSO NARRACIÓNS BREVES

Entroido en Galán

Un ano máis celebramos o entroido e o colexio encheuse de pallasas, magas, domadores, malabaristas...

Antes do habitual desfile, o alumnado foi pasando polo Photocall do Circo Galán para retratarse. A continuación podedes ver unha breve presentación das fotos; premede na imaxe.


Fotos Photocall

Fotos do festival

OS MANDADIÑOS DO MECO

Como o luns festexamos

que o entroido está por chegar

unha prenda do revés

no teu corpo tes que levar...

sexa de enriba para abaixo

ou "cudediante" para atrás.

"Pingas de paz"

O xoves 30 celebramos no colexio o Día da Paz. Cada aula decorou o seu paraugas con motivos relacionados con este día. Ademais, houbo sorrisos por todo o centro para regalar...

                   

Superfestival de Nadal 2013

Xa podedes ver o vídeo co resumo do festival que tivo lugar no noso colexio o pasado venres 20 de decembro. Premede na imaxe.

                             

Samaín 2013

A semana pasada celebramos no colexio o Samaín. Houbo cabazas, disfraces, elementos arrepiantes polos corredores, teatro e música para o alumnado de Barrionovo... A continuación vos deixamos unha ligazón para que vexades un vídeo da visita:

SAMAÍN 2013 BIBLIOBN E BIBLIOTECA TOMOSKI

No seguinte vídeo podedes ver as vosas cabazas:


Superfestival de Fin de Curso

O pasado día 21 de xuño celebrouse no colexio o festival de fin de curso. Sobran as palabras, así que vos deixamos unha ligazón onde podedes ver anacos da celebración.

Feliz verán a todas e todos!

Podedes ver o vídeo aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut