TRANSPORTE, COMEDOR

NORMAS DO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 24/25

05/09/2024 13:15
Europa/Madrid

             1.    Xustificación de ausencias ao comedor: os usuarios/as de comedor deben indicar a ausencia ao mesmo antes das 9:45 a través da aplicación https://frions.argosgalaica.com/(marxe superior dereita: aplicación comedor). Tamén hai un enlace directo á aplicación do comedor dende a web do centro: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfrions/es na páxina principal da web, arriba á dereita. Hai que introducir o mail facilitado ao centro no momento da matrícula e clave (por defecto é sempre 1234 ou 12345). Se esta aplicación lles dá problemas deben poñerse en contacto coa dirección a través do mail : ceip.frions@edu.xunta.gal ou presencialmente en horario de 9:45 a 10:35. Esta aplicación é a única vía de comunicación para informar as ausencias do comedor.

          2. A instrución de comedores 2/2024 (documento adxunto) recolle textualmente:

Os usuarios/as do servizo de comedor escolar que durante o prazo dun mes de xeito continuado non fagan uso do citado servizo coa frecuencia solicitada, causará automaticamente baixa no servizo, agás causas debidamente xustificadas polos usuarios/as ante a dirección do respectivo centro educativo.

Os usuarios/as do servizo de comedor escolar que en tres ocasións non comuniquen a súa ausencia antes das 9.45 horas do día que deba ter efecto, serán suspendidos pola Dirección do centro ao dereito ao uso do servizo de comedor durante 10 días.

3 . En caso de ter que facer algún cambio na dieta por alerxias, intolerancia ou algún tipo de gastroenterite temporal deben comunicalo á dirección aportando sempre xustificación médica.

4. O horario de saída do comedor é as 16:00h, ainda que poden recoller aos seus fillos/as entre as 15:50 e 16:00 , a partir das 16:00 considérase retraso e dito retraso na recollida máis de 2 veces sen xustificación causará unha falta leve, tal e como está recollido no NOFC. Así mesmo o NOFC tamén recolle faltas leves ou graves por mal comportamento que tamén se aplicarán, se é o caso, neste comedor escolar

5. Os menús están adaptados por nutricionistas contratados pola Consellería. Quérese levar a cabo un plar para evitar obesidade infaltil, así que podémonos atopar algún cambio no menús como pan integral, iogures naturais sen azúcar, un prato de verdura diaria, pasta integral... 

6. Todos os usuarios/as de comedor están obligados a traer un pequeno estoxo con un cepillo e pasta de dentes, que permanecerá no comedor durante o curso e que se renovará cada trimestre aproximadamente.

 

      7. O impreso de pago do comedor debe ser entregado na dirección do centro antes do martes 17 de setembro do 2024. Anexo II autobaremación (documento adxunto) do comedor.

 

 É moi necesario para a boa convivencia do centro o cumplimento de todas estas normas e ante calquera dúbida ou inconvinte non dudedes en poñervos en contacto con nós, trataremos sempre de buscar a mellor solución.

 Atentamente,

A dirección do centro.

Distribuir contenido