INFORMACIÓN MATRÍCULA CURSO 2021/22
NOVA MATRÍCULA PARA CURSO 21_22
O PRAZO PARA NOVAS MATRÍCULAS ESTÁ ABERTO DENDE O DÍA
1 DE MARZO AO 22 DE MARZO DE 2021
(Só se pode presentar unha única solicitude no centro no que se solicita praza en primeiro lugar. )
ORDE DO 12 DE MARZO DE 2013 polo que se regula o procedemento para a admisióndo alumnado no segundo ciclo de educación infantil e primaria, así como a ORDE do 25 de xaneiro de 2017
Segundo o artigo 13 da nomeada Orde, terase en conta o seguinte:
1º. Que cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
2º. Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
3º. Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
A vía recomenda pola Consellería de Educación para facer a solicitude de reserva de praza é a través de internet no enderezo www.edu.xunta.es/admisionalumnado ou na Guía de procedementos e servizos da administración da Comunidade Autónoma de Galicia na dirección www.xunta.es /portada co procedemento ED550B.
De todos os xeitos poderán entregar a súa solicitude en papel na secretaría do centro no mesmo prazo establecido do 1 ao 22 de marzo. Os impresos están na conserxería do centro. Pode descargar os impresos dende aquí.
OFÉRTANSE OS SEGUINTES POSTOS ESCOLARES
CURSO |
VACANTES |
4º EDUCACIÓN INFANTIL |
25 |
5º EDUCACIÓN INFANTIL |
8 |
6º EDUCACIÓN INFANTIL |
6 |
1º EDUCACIÓN PRIMARIA |
6 |
2º EDUCACIÓN PRIMARIA |
-2 |
3º EDUCACIÓN PRIMARIA |
6 |
4º EDUCACIÓN PRIMARIA |
0 |
5º EDUCACIÓN PRIMARIA |
2 |
6º EDUCACIÓN PRIMARIA |
1 |
Se é necesario presentar documentación xustificativa dos criterios alegados darase o prazo estipulado na normativa.
O CEIP plurilingüe de Frións ten adscrito o IES Leliadoura.
A área de influencia vén determinada no mapa que aprobou a Xefatura Territorial e que se pode consultar na dirección deste centro.
O CENTRO PLURILINGÜE DE FRIÓNS DISPÓN DOS SEGUINTES SERVIZOS COMPLEMENTARIOS:
• SERVIZO DE TRANSPORTE GRATUÍTO.(Instrución 22 de xuño de 2009)
• SERVIZO DE COMEDOR XESTIÓN INDIRECTA POLA CONSELLERÍA (Decreto 132/2013)
En Frións a 26 de febreiro de 2021
Luís Teira Parada
Director
- Inicie sesión para enviar comentarios