Skip to Content

Localización, Dependencias, Organigrama, Consello escolar, Profesorado, Secretaría, Calendario

SORTEO XUNTA ELECTORAL. ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2021

 

SORTEO MEMBROS XUNTA ELECTORAL

No CEIP das Fontiñas, o mércores 27 de outubro de 2021 ás 12:00h, procedeuse á realizar o sorteo público dos compoñentes da Xunta Electoral, segundo a Resolución do 20 de setembro de 2021 (DOG do 29 de setembro de 2021)

A Xunta está composta por:

- Director

- Representante do profesorado

- Representante dos pais/nais/titores legais do alumnado.

- Representante de administración e servizos.

 

Actúan como testemuñas do sorteo Olga Vilanova Mouriño e Elisamar Goitía Molina.

 

Logo do sorteo, a Xunta Electoral queda constituida por:

- Samuel Busto Casal (director)

- Madgalena de Rojas Silva ( representante do profesorado)

- Ana María Mourullo Adrán (representante dos pais/nais/titores legais)

- Carmen Iglesias Rilo (representante do persoal de servizos)

Procédese ao envío das notificacións para a constitución da Xunta Electoral, que se celebrará o martes, 2 de novembro ás 18:00 h.

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

Horarios entradas e saídas 21-22

Horarios do 1º día de clase. Curso 21-22

AUTORIZACIÓNS VARIAS: RECOLLIDA DE ALUMNADO Á SAÍDA DO CENTRO, SAÍDAS EXTRAESCOLARES, IMAXES

Nos ficheiros adxuntos podedes descargar modelos de autorizacións varias:

PARA A REALIZACIÓN DE SAÍDAS EXTRAESCOLARES E A UTILIZACIÓN DAS IMAXES DAS NENAS E NENOS CON FINS PEDAGÓXICOS

PARA A RECOLLIDA DO ALUMNADO AO REMATE DAS CLASES

PARA A RECOLLIDA DO ALUMNADO POR PARTE DE ALUMNOS DE 5º/6º NIVEIS

 

MATRÍCULA PARA O CURSO 2017/18

 

O prazo de matrícula para o curso 2017/ 18 é do 20  ao 30 de xuño para infantil e primaria e do 25 de xuño ao 10 de xullo para os que acceden a secundaria.

 

Documentación para matrícula de alumnado novo:

 

1. DNI/NIE de pais, e alumno/a, se ten.

2. Fotocopia do libro de familia, todas as páxinas que estean escritas.

3. Fotocopia da cartilla de vacinas, só para Educación Infantil.

4. 3 fotos tamaño carné (2 fotos para Educación Primaria).

5. No caso de cambio de colexio, certificación académica ou boletín de notas do último curso

 

Nos ficheiros adxuntos tedes o DOCUMENTO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA e o de RECOLLIDA DE DATOS.

 

AVISO PARA O ALUMNADO DE 6º QUE ACCEDE AO INSTITUTO

O alumnado de 6º de primaria que pasa para Secundaria ten que levar para matricularse unha certificación académica onde constarán as notas de 6º curso e a indicación da promoción a secundaria. Esta certificación entregarase o día 23 xunto coas notas.

O prazo de matrícula en Secundaria vai do 25 de xuño ata o 10 de xullo. É conveniente pasar uns días antes polo instituto a pedir o sobre de matrícula así, cando se entregue a certificación de 6º, xa estará toda a documentación esixida e o trámite de matriculación farase nun momento.

 

Lembrar tamén que o prazo de solicitar as axudas de libros e material farase no instituto e remata o día 23 de xuño polo tanto hai que facelo antes da matrícula. 

Prazo de matrícula para o curso 2017/18

O prazo de matrícula para o curso 2017/ 18 é do 20  ao 30 de xuño para infantil e primaria e do 25 de xuño ao 10 de xulloo para os que acceden a secundaria.

Solicitude de axuda de libros e material escolar curso 17/18. Prazos

Recordade que o prazo de presentación de solicitudes para as axudas de libros e material escolar remata o próximo venres 23 de xuño.

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2017-18

Aquí podedes consultar a listaxe definitiva de nenas e nenos admitidos para o próximo curso, tanto en E. Infantil como en Primaria.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut