Skip to Content

Secretaría

MATRÍCULA PARA O CURSO 2017/18

 

O prazo de matrícula para o curso 2017/ 18 é do 20  ao 30 de xuño para infantil e primaria e do 25 de xuño ao 10 de xullo para os que acceden a secundaria.

 

Documentación para matrícula de alumnado novo:

 

1. DNI/NIE de pais, e alumno/a, se ten.

2. Fotocopia do libro de familia, todas as páxinas que estean escritas.

3. Fotocopia da cartilla de vacinas, só para Educación Infantil.

4. 3 fotos tamaño carné (2 fotos para Educación Primaria).

5. No caso de cambio de colexio, certificación académica ou boletín de notas do último curso

 

Nos ficheiros adxuntos tedes o DOCUMENTO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA e o de RECOLLIDA DE DATOS.

 

AVISO PARA O ALUMNADO DE 6º QUE ACCEDE AO INSTITUTO

O alumnado de 6º de primaria que pasa para Secundaria ten que levar para matricularse unha certificación académica onde constarán as notas de 6º curso e a indicación da promoción a secundaria. Esta certificación entregarase o día 23 xunto coas notas.

O prazo de matrícula en Secundaria vai do 25 de xuño ata o 10 de xullo. É conveniente pasar uns días antes polo instituto a pedir o sobre de matrícula así, cando se entregue a certificación de 6º, xa estará toda a documentación esixida e o trámite de matriculación farase nun momento.

 

Lembrar tamén que o prazo de solicitar as axudas de libros e material farase no instituto e remata o día 23 de xuño polo tanto hai que facelo antes da matrícula. 

Prazo de matrícula para o curso 2017/18

O prazo de matrícula para o curso 2017/ 18 é do 20  ao 30 de xuño para infantil e primaria e do 25 de xuño ao 10 de xulloo para os que acceden a secundaria.

Solicitude de axuda de libros e material escolar curso 17/18. Prazos

Recordade que o prazo de presentación de solicitudes para as axudas de libros e material escolar remata o próximo venres 23 de xuño.

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2017-18

Aquí podedes consultar a listaxe definitiva de nenas e nenos admitidos para o próximo curso, tanto en E. Infantil como en Primaria.

 

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2017-18

Aquí pode consultar a relación provisional de alaumnado admitido para o curso 2017-18.

Prema no ficheiro adxunto.

Distribuir contido


by Dr. Radut