Skip to Content

Educación Infantil

O ALUMNADO DE 3 ANOS NO MUSEO DE HISTORIA NATURAL

 

O xoves 14 de xuño as nenas e os nenos de tres anos visitaron o Museo de Historia Natural.

Foi unha experiencia moi chula!

 

 

 

 

VISITA DE MARI, PERCEBEIRA NO RONCUDO

Hai uns días, nas aulas de 4 anos, visitounos Mari, unha muller cun dos oficios máis perigosos. Mari é percebeira no Roncudo de Corme, e deixounos abraiados contándonos en que consiste o seu traballo.

Ela tenlle moito respecto ao mar, ese que lle dá o necesario para vivir, pero tamén lle pode quitar a vida. Mari, e mulleres e homes percebeiros, fan que cheguen ás nosas mesas manxares como os percebes. Só esperamos que Deva, deusa do mar, @s protexa e @s coide.

 

VISITA Á VILA DE RIANXO

O martes o alumnado de 4 anos visitou o museo do mar e a aula activa  do mar na Vila de Rianxo. Tivemos a oportunidade de ver e tocar moitos aparellos de pesca e marisqueo, ovos de tiburón e outros peixes, craneos de golfiño e  balea, subir a un barco semellante aos de verdade e manexar o timón, conversar co Sr. Luís mentras reparaba as redes…

 

VISITA DO ALUMNADO DO COELLIÑO BRANCO

Esta semana en educación infantil contamos coa visita do alumnado da escola infantil o Coelliño Branco. O próximo curso algúns deles xa formaran parte do noso cole. 

EXCURSIÓN Á CASA DO QUEIXO

O pasado Martes 8 de maio o alumnado de 5 de anos de Educación infantil acudiu de visita á Casa do Queixo en Grixalba, Sobrado. Alí realizaron unha serie de obradoiros: elaboración do queixo, procesamento da lá, alimentación aos animais e sementeiro.

Pasáronno en grande e levaron para á súa casa as sementes cultivadas, o queixo xa non chegou porque o degustaron alá.

CIRCO NA SEMANA CULTURAL

Hoxe en educación infantil disfrutamos dun divertido espectáculo de circo

Moitas grazas a Jano por este gran espectáculo e a ampa por organizar esta actividade enmarcada na semana cultural.

O MAIO

Un ano máis en educación infantil, como xa vén sendo tradición,  celebramos o maio.

Durante tres días todo o alumnado de educación infantil colaborou na elaboración do maio e nos diferentes talleres: elaboración de colares, colonia e alfombras de flores.

 

 

Cando rematamos cantámoslle e bailámoslle ao maio todos xuntos.

 

 

SAÍDA AO RÍO

Cando por fin a chuvia concedeu unha tregua puidemos levar a cabo a saída ao río para colocar as caixas para paxaros e morcegos, en colaboración coa asociación Adiantum.

O martes foi o alumnado de 5º de primaria ao río Mera (A Tarroeira - O Pino) e o venres o de 5º e 6º de infantil ao río Ulla (en Ximonde - Vedra), nas dúas saídas houbo convivencia, educación ambiental, andaina, merenda, xogos populares…

A continuación tedes unha pequena mostra.

 

 

 

ANIMACIÓN Á LECTURA EN EDUCACIÓN INFANTIL

A semana pasada, en educación infantil, puidemos participar en varias actividades de animación e fomento da lectura.

Asistimos no edificio Sargadelos á  XVIII Campaña Municipal de Animación á Lectura do Concello de Santiago

 

Na biblioteca disfrutamos  co espectaculo “Os libros da titiriteira” da compañía de monicreques “A xanela do Maxín”

 

E o alumnado de 3 anos puido disfrutar no cole dun concerto de Magín Blanco, previo a representación teatral de “Gatuxo” no teatro Principal

 

 

EXCURSIÓN A APÍPOLIS

Nas aulas de catro anos estamos desenvolvendo un proxecto sobre as abellas, por ese motivo decidimos organizar unha excursión a Apípolis en Pontevedra.

Ali puidemos visitar unha completa exposición interactiva sobre as abellas e a súa importancia para o medio natural, vestidos co traxe de apicultor entramos ao apiario a observar de preto as abellas, noutra sala participamos na extracción do mel dos panais, confeccionamos unha vela con cera, probamos o mel e o polen e elaboramos galletas de mel. Foi unha experiencia moi enriquecedora para os cativos e cativas.

 

 

Pinchando neste enlace podedes acceder a paxina web de Apípolis onde tedes máis información.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut