O 30 de novembro, na hora de ler no espazo da biblioteca, os cursos de 2º de E. Primaria participaron no contacontos que a mestra Raquel Martínez tivo a xentileza de realizar para o gozo e desfrure de todos e todas, tanto alumnado como profesorado.
Pola conmemoración do 25N, Día internacional para a eliminación da violencia en contra da muller, fixemos este mural no recibidor do centro titulado "REGÁLOCHE UN BICO". Todo o alumnado encheu o centro de beizos en sinal de agarimo ás vítimas de maltrato.
Os contos de terror son moi atractivos para as nenas e nenos. En lugar de pasalo mal divírtense escribindo e lendo ás escuras, só coa axuda dunha lanterna e da súa perversa imaxinación...
.
Aquí podedes ver aos nenos e nenas de 3ºA en plena actuación, lendo e contando os contos da súa autoría.