bibliotecas

 

 

Animación á lectura

BUSCA DO TESOURO DE 3º E 4º DE PRIMARIA

O alumnado de 3º e 4º de Primaria atoparon as súas mochilas viaxeiras na Biblioteca, despois de seguir as pistas que había por todo o colexio.

BUSCA DO TESOURO E VÍDEO "EL INCREÍBLE NIÑO COMELIBROS"

A busca do tesouro levounos por todo o cole ata chegar á Biblioteca onde o alumnado de 1º e 2º recibiron as súas mochilas viaxeiras e un emocionario viaxeiro despois de ver "El increíble niño come libros", que podes ver a continuación:

24 DE OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA

Bibliotecas escolares de Galicia

 

NACE O PAPAGAIO, O XORNAL DA XENTE MIÚDA

A editorial Moito Conto ven de publicar un novo xornal en papel, dirixido especialmente a nenos e nenas de Primaria e Secundaria. Chámase O Papagaio, ten periodicidade mensual (dez números ao ano, descansando no verán), 12 páxinas a toda cor e publícase integramente en galego.

LETRAS GALEGAS 2016

Estamos a realizar unha serie de actividades co gallo da celebración das Letras Galegas, que este ano están dedicadas ao poeta Manuel María:

CONTO "EL NIÑO Y LOS CLAVOS"

Para o xoves 28 teremos un novo contacontos, esta vez titulado "El niño y los clavos". Esperámosvos no recreo.

Aquí tedes a curtametraxe.

CONTACONTOS "CUERDAS"

Para o martes 26 teremos un novo conto titulado "CUERDAS", basado nunha cortometraxe do mesmo título.
Esperámosvos na Aula de Informática.

Iste é o trailer da curtametraxe

CONTACONTOS "BACK TO SCHOOL"

O Equipo de Biblioteca do centro organiza unha serie de contacontos para a semana do 25 ao 29 de abril co gallo da celebración do 4º centenario da morte do noso escritor máis ilustre: Miguel de Cervantes.

OBRADOIRO CON XOSÉ TOMÁS

Este obradoiro foi impartido polo creativo e xenial ilustrador Xosé Tomás.
Tivemos dúas  sesións:
Unha sesión para 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria e outra para E. Infantil e 1º e 2º de E.Primaria.
O alumnado aprendeu: as partes dun álbum ilustrado,como se fan historias,como se fan libros e personaxes.

DÍA DO LIBRO

O día 22 de Abril con motivo da celebración do Día do Libro, o concello de Baiona, a través da Concellalía de Educación,organizou unha actividade para o alumnado de 6º de E. Primaria de todos os centros de Baiona, que consistiu:
- Lectura dramatizada dalgunhas das obras de Cervantes de modo itinerante polo casco histórico de Baiona.