bibliotecas

 

 

OBRADOIRO CON XOSÉ TOMÁS

Este obradoiro foi impartido polo creativo e xenial ilustrador Xosé Tomás.
Tivemos dúas  sesións:
Unha sesión para 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria e outra para E. Infantil e 1º e 2º de E.Primaria.
O alumnado aprendeu: as partes dun álbum ilustrado,como se fan historias,como se fan libros e personaxes.
Tamén aprenderon que os escritores son moi importantes,pero non son menos que os ilustradores,porque as ilustracións dun libro comunican moitas cousas.
O alumnado realizou un personaxe seguindo os consellos de Xosé Tomás e logo puxéronlle un nome.
Foi un obradoiro fantástico,onde os nenos/as ademais de pasalo xenial aprenderon moitísimo.
Xosé Tomás empatizou moi ben con todos eles e rematou asinando libros a aqueles nenos/as que os trouxeron.
Un día fantástico para festexar o Día do Libro.

Aquí podes ver o ben que o pasamos