Skip to Content

Admisión/Matrícula

RESERVA DE PRAZA PARA O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA (IES O CARRIL)

RESERVA DE PRAZA para o alumnado de 6º de primaria que pretenda continuar estudos no IES de CARRIL (centro adscrito)

O alumnado de 6º de primaria que remata os seus estudos e desexe continualos no IES de Carril debe realizar a reserva de praza seguindo os prazos e procedemento que se explica a continuación:

  • Prazo de presentación: Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro.
  • Enlace á páxina de admisión alumnado:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Cumprimentar e asinar a solicitude de reserva de praza (modelo: Anexo I ED550A) e entregalo presencialmente no colexio antes do 5 de febreiro.

 Tamén pode presentarse por via telemática utilizando a SEDE ELECTRONICA (para o que se precisará a Chave365 ou certificado dixital.

 

Horario de atención ao público da SECRETARÍA para este procedemento:

  • Luns de 12:20 h. a 13:00 h.
  • Martes de 09:05 h. a 09:45 h.
  • Venres: de 12:20 h. a 13:00 h.

 

Notas aclaratorias:

A presentación da solicitude neste centro será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición (CEIP A Escardia) antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión (do 1 ao 20 de marzo).

As familias do alumnado que opten por un centro secundaria distinto ao IES O Carril, terán que presentar solicitude de admisión de praza no centro elexido no proceso de admisión que comprende do 1 ao 21 de marzo.

 

Documentación para a solicitude extraordinaria de admisión

Documentación para a solicitude extraordinaria de matrícula

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024-2025

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024-2025

 

O prazo de presentación de solicitudes é do 1 ao 20 de marzo de 2024, ambos os dous inclusive.

 

  • Opcionalmente poderánse presentar de forma presencial no centro indicado como primeira opción e en calquera dos rexistros establecidos, utilizando o formulario normalizado (ED550B) que será facilitado polo centro
  • Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
  • Manual para as familias.

 

A normativa reguladora deste procedemento é a seguinte:

  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
  • RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade do texto do Acordo entre esta consellería e as organizacións sindicais CC.OO., ANPE e UGT-SP Ensino sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docente da Comunidade Autónoma de Galicia que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

No seguinte enlace poderán acceder a toda a información sobre o procedemento de admisión (presentación de solicitudes, vacantes por curso, calendario do procedemento...)

 HORARIO DE SECRETARÍA PARA ESTE PROCEDEMENTO

 

 

LUNS

MARTES

XOVES

VENRES

de 12:20 a 13:00

de 09:00 a 09:40

de 13:10 a 13:50

de 12:20 a 13:00

 

Distribuir contido


by Dr. Radut