Skip to Content

Actividades

Formación Familia e educación

FORMACIÓN PARA FAMILIAS E PROFESORADO

Dende o centro e en colaboración co CFR de Pontevedra, organizamos esta sesión de formación "Sistemas Alternativos e Aumentativos de Comunicación" a cargo da mestra e Psicopedagoga Alba Pérez.

CAMPAMENTO DE VERÁN 2024

CAMPAMENTO DE VERÁN 2024

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

Convocatoria do Campamento Urbano de Verán 2024 que está destinado a nenos/as nados/as entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2020, aprobadas en XGL do 11 de marzo de 2024.

Fai clic na imaxe para descargar as bases:

Charla familias “Pautas para elixir os agasallos infantís de Nadal”

DOCENCIA FAMILIAS

"PAUTAS PARA ELIXIR OS AGASALLOS INFANTÍS DE NADAL"

O CFR de Pontevedra organiza unha conferencia aberta a todas as familias titulada “Pautas para elixir os agasallos infantís de Nadal” no marco da actividade ENAPAS: A familia como motor de cambio.

 

Esta conferencia trata sobre a importancia do xogo no desenvolvemento afectivo-psicolóxico dos nenos/nenas para abordar e reflexionar sobre a importancia da elección dos agasallos infantís.

DATA:xoves 16 de decembro

HORARIO: de 19:00 a 21:00 horas

LUGAR:salón de actos do IES Castro Alobrede Vilagarcía 

 

fai clic na imaxe para ver o cartel informativo

 

 

CAMBIO CONTRASINAL DA AULA VIRTUAL

CAMBIO DE CONTRASINAL DA AULA VIRTUAL

Neste documento poderedes ver como cambiar o contrasinal da Aula Virtual. (fai clic na imaxe para descargar o arquivo)

Distribuir contido


by Dr. Radut