Skip to Content

CAMPAÑA DE VERÁN DA XUNTA DE GALICIA 2024

 

CAMPAÑA DE VERÁN DA XUNTA DE GALICIA 2024

No seguinte enlace podedes atopar información sobre os campamentos  de verán 2024 organizados pola Xunta de Galicia.

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL- CURSO 2024-25

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL- CURSO 2024-25

 

Informamos que todas as solicitudes presentadas para 4º de Educación Infantil foron admitidas.

Poden consultar a listaxe de alumnado admitido en 4º de Educación Infantil para o próximo curso 2024-25 no taboleiro do centro.

 

Formación Familia e educación

FORMACIÓN PARA FAMILIAS E PROFESORADO

Dende o centro e en colaboración co CFR de Pontevedra, organizamos esta sesión de formación "Sistemas Alternativos e Aumentativos de Comunicación" a cargo da mestra e Psicopedagoga Alba Pérez.

CAMPAMENTO DE VERÁN 2024

CAMPAMENTO DE VERÁN 2024

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

Convocatoria do Campamento Urbano de Verán 2024 que está destinado a nenos/as nados/as entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2020, aprobadas en XGL do 11 de marzo de 2024.

Fai clic na imaxe para descargar as bases:

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024-2025

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024-2025

 

O prazo de presentación de solicitudes é do 1 ao 20 de marzo de 2024, ambos os dous inclusive.

 

  • Opcionalmente poderánse presentar de forma presencial no centro indicado como primeira opción e en calquera dos rexistros establecidos, utilizando o formulario normalizado (ED550B) que será facilitado polo centro
  • Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
  • Manual para as familias.

 

A normativa reguladora deste procedemento é a seguinte:

  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
  • RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade do texto do Acordo entre esta consellería e as organizacións sindicais CC.OO., ANPE e UGT-SP Ensino sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docente da Comunidade Autónoma de Galicia que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

No seguinte enlace poderán acceder a toda a información sobre o procedemento de admisión (presentación de solicitudes, vacantes por curso, calendario do procedemento...)

 HORARIO DE SECRETARÍA PARA ESTE PROCEDEMENTO

 

 

LUNS

MARTES

XOVES

VENRES

de 12:20 a 13:00

de 09:00 a 09:40

de 13:10 a 13:50

de 12:20 a 13:00

 

PRESENTACIÓN REUNIÓN INICIO DE CURSO

PRESENTACIÓN DE INICIO DE CURSO 2023-24

Documento resuno da reunión de presentación do curso escolar 2023-24.

XUSTIFICANTE DE FALTAS DO ALUMNADO

XUSTIFICANTE DE FALTAS DO ALUMNADO

As faltas xustificaranse segundo o modelo adxunto como máximo 3 días despois da reincorporación do alumno/a ao centro.

 

Poden consultar o protocolo de absentismo aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut