You are hereOrientación
Orientación
Recuncho de AL e PT
Ola de novo!
Como estados a levar pasar tanto tempo dentro da casa? Hoxe, dende o DO queremos deixarvos materiais da páxona web educaplay, un esparzo educativo con xogos gratuitos.
Neste apartado podedes atopar xogos cas letras que coñocedes! Intentade realizar 2 xogos por día, leva só uns minutos, pero… é probable que se necesite a ayuda dunha persona maior.
Comenzamos polo máis sinxelo, divertidas sopas de letras! Aquí podes atopar sopas das letras que coñeces:
Sopa de letras M:
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5236916-palabras_con_la_letra_m.html
Sopa de letras S:
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5236907-palabras_con_la_letra_s.html
Sopa de letras L:
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5236962-palabras_con_la_letra_l.html
Sopa de letras P:
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5236896-palabras_con_p.html
Sopa de letras T:
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5236883-palabras_con_t.html
Sopa de letras D:
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5236867-palabras_con_d.html
Sopa de letras F:
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5236739-palabras_con_f.html
Sopa de letras V:
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5236491-palabras_con_v.html
Sopa de letras con CA/CO/CU:
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5236829-palabras_con_ca_co_cu.html
Sopa de letras palabras con R suave:
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5236695-palabras_con_r_suave.html
Outros xogos de interese:
Ruleta pasa-palabra:
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5222061-esto_je.html
Ordenar letras:
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5236672-ordenar_letras.html
Esperamos que vos guste! Un biquiño!
Irene AL e Cris PT
Recuncho de AL
Ola a todos! Benvidos o recuncho de AL!
Neste momento de estar na casa, é de agradecer ter recursos para pasar o tempo, por iso, o longo destes días irei atualizando información para familias e materiais para os máis pequenos do fogar.
Nun primeiro lugar, gustaríame deixarvos esta nota informativa con pequenos consellos sobre unha correcta estimulación da linguaxe, xa que as veces por descoñecemento cometemos pequenos errores. Non pasa nada! Todos podemos ir mellorando e aprendendo! Podedes atopar o arquivo adxunto o final deste post.
Por outro lado, deixo o enlace o centro “Respira” de Ines Castel-Branco no que se traballa o emprego correcto da respiración. Este recurso serve para ler, escoltar e realizar os exercicios, tanto os peques por individual ou en familia.
Para completar esto, deixo un enlace de Praxias de Minions os alumnos que pasan sola niña aula, xa coñecen estes debuxos, que estades agardando o resto?
Unha aperta!
Irene AL
DOCUMENTOS DE CONVIVENCIA ESCOLAR
PROTOCOLOS E DOCUMENTOS DE CONVIVENCIA ESCOLAR |
|
Un saúdo a toda a comunidade educativa.
Xa é moi repetitivo dicir que estamos nun momento moi especial.
Ben sabemos que é moi difícil permanecer na casa, pero é algo imprescindible pola nosa saúde e a dos que están ó noso arredor.
Dende este Departamento pedímosvos que, ademais de dedicarlle un tempo ás actividades escolares que dende cada titoría se vos propoñen, xoguedes moito cos vosos nenos e nenas.
É importante que os tempos se distribúan entre tarefas escolares e de ocio.
Cada certo tempo, pode ser media hora, deixade que se distraian para que o traballo sexa produtivo.
Lembrade que non se trata de avanzar materia (cando retomemos a vida normal xa se fará), agora o que pretendemos é repasar o xa feito.
Ademais das moitas páxinas que se vos van aconsellando dende os diferentes cursos, propoñemos xogos tan sinxelos como o parchís ou a oca (con eles traballamos o conteo), o bingo (repasamos a numeración), o "veo-veo” (cores, letras,...), a escoba (practicamos a suma), tres en raia, escoitar música e bailar... Con eles, repasamos contidos académicos e axudamos a pasar o tempo ós nosos maiores –tamén teñen que ser a nosa prioridade-.
Aproveitemos a situación para relacionarnos en familia. Os nosos maiores teñen moito que ensinarnos, aprendamos deles.
"E a xente quedou na casa.
E leron libros, escoitaron, descansaron, exercitaron, fixeron arte, xogaron xogos, aprenderon novas formas de ser e quedaron quietos.
E escoitaron máis profundamente.
Algúns meditaban, outros rezaban, algúns bailaron. Algúns atopáronse coas súas sombras.
E a xente comezou a pensar de xeito diferente.
"E a xente sandou. E, en ausencia de persoas que vivían en formas ignorantes, perigosas, sen sentido e sen corazón, a terra comezou a sandar. "
E cando pasou o perigo, e a xente se uniu de novo, lamentaron as súas perdas, tomaron novas decisións, soñaron con novas imaxes e crearon novas formas de vivir e sandar a terra por completo, xa que foran sandados".
Kitty O'Meara
Entre todos sairemos. Unha aperta
Oca de praxias
Deixámosvos unha oca coa que poderedes divertirvos cos vosos fillos ó mesmo tempo que eles melloran a mobilidade dos órganos bucofonatorios.
Este é un dos contos cos que traballamos na aula:
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6