You are hereAnimación á lectura
Animación á lectura
Lecturas recomendadas
BUSCANDO LECTURAS
Queremos que @s nos@s alumn@s manteñan o tempo da súa hora de ler, por iso vos recomendamos que cada día un pouquiño, calquera momento é bo, mesmo ao deitarse, ler vai ben para "cultivarse".
Son libros sinxelos, fáciles de ler, en formato PDF, e, aínda por riba, pódense descargar en calquera dispositivo dos que usamos a diario: teléfono móbil, tablet, ordenador, ...
Ademáis, ides comprobar como están adaptados para lectores a partir de 6 anos!.
Aí van:
Exposición "Antigas máquinas de escribir"
Esta semana estamos a desfrutar na biblioteca do cole dunha marabillosa exposición. Non dudedes en vir a visitala durante o recreo.
Visita contacontos
Hoxe contamos cunha visita especial das compañeiras e alumnas do instituto do lado, levando a cabo un contacontos co motivo da celebración do día da Paz.
Estivemos con "Norit", "A ratiña presumida" e "Crispín o porquiño".
Pásamolo en grande!
Podedes ver as fotos na galería de Educación Infantil.