You are hereRESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2022/2023

RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2022/2023


By caloto - Posted on 22 Xaneiro 2022


IMPORTANTE:

A reserva de praza, segundo a normativa vixente, en Chantada só se pode facer para os INSTITUTOS, porque son os que teñen centros adscritos a eles.

Os alumnos do noso centro SÓ PODERÁN SOLICITAR RESERVA DE PRAZA para o I.E.S. "Lama das Quendas", porque é o centro onde oficialmente estamos adscritos. Os que queiran seguir os estudos de E.S.O. no I.E.S. "Val do Asma" terán que agardar que se abra o prazo para ADMISIÓN DE ALUMNADO (1-20 de marzo).

Os centros de primaria NON PODEN FACER RESERVA DE PRAZA nin para alumnos que se vaian incorporar a Educación Infantil nin para a Educación Primaria (salvo que tiveran centros adscritos, que non é o caso). Estes alumnos deberán agardar que se abra o prazo para ADMISIÓN DE ALUMNADO. Os que xa están cursando os estudos no centro este ano non teñen que solicitar nin reserva nin admisión.


Clic na imaxe para agrandar

 

Etiquetas

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar