You are hereProcedemento de distribución de máscaras entre o alumnado de E. Primaria

Procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado de E. Primaria


By caloto - Posted on 16 Novembro 2021

INSTRUCCIÓNS
Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E). Diario Oficial de Galicia nº 218, do 12.11.2021.
ALUMNADO DESTINATARIO

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:

a) Non ten que presentar solicitude:

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.

b) Ten que presentar solicitude:

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
• Alumnado matriculado en educación especial.
• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

SOLICITUDES (SÓ PARA ALUMNADO NON BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR)

Forma de presentación da solicitude: Unicamente de forma presencial no centro educativo no que estea matriculado o/a alumno/a.

Prazo:
10 días hábiles a partir do seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia, é dicir, do 15 ao 26 de novembro de 2021.

Etiquetas

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar