You are hereHistoriais académicos

Historiais académicos


By caloto - Posted on 25 Xuño 2021

Os pais/nais/titores legais dos alumnos que remataron 6º curso de E. Primaria promocionando ao instituto poden xa pedir cita (982 82 81 33) para pasar polas oficinas do centro a partires do xoves, 1 de xullo, e recoller os HISTORIAIS ACADÉMICOS.

Estes documentos orixinais (antiguamente eran os LIBROS DE ESCOLARIDADE) deberanse conservar sempre en propiedade do alumno, aportando fotocopias cando lle sexan requeridos para calquera trámite. Para a matrícula no instituto non lle deberán ser requeridos pois, segundo a normativa vixente, o centro remitiralle copias dos mesmos ao instituto correspondente previa petición deste.(Art. 14.3 da ORDE do 9 de xuño de 2016 pola que se regula a avaliación e a promoción do alumnado que cursa educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia)

Etiquetas

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar