You are hereAdmisión do alumnado para o curso 2021/2022

Admisión do alumnado para o curso 2021/2022


By caloto - Posted on 08 Febreiro 2021

Clic na imaxe para agrandar

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:
  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro: ENLACE
    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrar no Enlace, seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.
  2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital. Ao final, premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.
  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro:
    Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos no centro asinados polos dous proxenitores ou, se é o caso, por un proxenitor e copia da sentencia xudicial onde se recolla que ten a custodia do menor en exclusiva.

Impreso en Galego

Impreso en Castelán

Calendario do proceso e Normativa
 

 

 

 

Etiquetas

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar