You are hereDISTRIBUCIÓN DE MASCARILLAS ENTRE O ALUMNADO

DISTRIBUCIÓN DE MASCARILLAS ENTRE O ALUMNADO


By caloto - Posted on 14 Novembro 2020

Será destinatario de mascarillas subministradas polo centro:

O alumnado que, de acordo coa Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2020/21:

1. Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar.

2. Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:

a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

Os alumnos que recibiron axuda para adquirir material escolar non terán que presentar solicitude.

Os que reúnan os requisitos do punto 2. deberán cubrir e presentar no centro o impreso de solicitude antes do día 28 de novembro.

Impreso de solicitude   Normativa

 

 

Etiquetas

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar