You are hereBlogues / blogue de anpa / MASTERCLASS EN FAMILIA DE HIP HOP (Plan Corresponsables - Universidade de Santiago de Compostela)

MASTERCLASS EN FAMILIA DE HIP HOP (Plan Corresponsables - Universidade de Santiago de Compostela)


By anpa - Posted on 01 Marzo 2023

Actividade gratuíta organizada en conxunto con outras ANPAs da contorna para iniciarse no mundo das danzas urbanas e o hip hop. Estará impartida pola escola de danza Star Dance e poderán participar todas as familias interesadas con menores entre 5 e 16 anos.

A data prevista para a realización será o sábado 18 de marzo do 2023, entre as 11:30 e as 13:00. O lugar será o Pavillón Polideportivo do CEIP Eloísa Rivadulla, podendo trasladar a actividade ao Parque Eloísa Rivadulla se a climatoloxía de ese día acompaña (avisarase con antelación).

As persoas interesadas pódense inscribir, antes do 16 de marzo, a través da seguinte ligazón:

https://corresponsables.usc.gal/corresponsables/publica/actividad/grupo/...

 

Esperamos sexa do voso interese.

Etiquetas

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar