You are hereMATRÍCULA CURSO 2022/2023

MATRÍCULA CURSO 2022/2023


By caloto - Posted on 27 Maio 2022

O prazo de solicitude de MATRÍCULA para o vindeiro curso escolar 2022-2023 estará aberto desde o 20 ao 30 de XUÑO.

Poderán solicitar matrícula:

  • EN E. INFANTIL: O alumnado que foi admitido no proceso de admisión.
  • EN E. PRIMARIA:
    • O alumnado que cursa 6º de E. Infantil no centro este curso.
    • O alumnado que foi admitido no proceso de admisión.

Documentación a aportar:

  • Impreso de solicitude debidamente cumprimentado e asinado por un proxenitor ou polos dous proxenitores en caso de separación ou divorcio.
  • Fotocopia do libro de familia (ou documento acreditativo similar) na que estea rexistrado o nacemento do/a neno/a a matricular.
  • Fotocopia do libro de familia (ou documento similar) na que se acredite o matrimonio dos pais ou -se e o caso– copia da sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.
  • Certificado médico de non padecer enfermidade infecto-contaxiosa e de estar vacinado segundo o calendario oficial.
  • Fotocopia dos DNI dos proxenitores/representantes legais
  • Certificado de inclusión no padrón municipal de habitantes.
  • Fotocopia da Tarxeta Sanitaria.
  • Autorización para o uso da imaxe persoal do alumno/a.
  • Solicitude de uso de Servizos Complementarios (se é o caso)
  • Dúas fotografías tamaño carné.

Os impresos de solicitude pódense retirar en Conserxería ou en Internet no seguinte enlace:

A DOCUMENTACIÓN COMPLETA DEBERASE ENTREGAR NAS OFICINAS DO COLEXIO PREVIA CITA


 NOTAS:

  • Cita previa para a presentación da documentación (Tfono.: 982 82 81 33).
  • Os alumnos que cursan este ano 6º de E. Infantil neste colexio recibirán nos seus domicilios os documentos que deberán cubrir e presentar para comezar os seus estudos de E. Primaria obrigatoria o vindeiro curso.
  • O resto do alumnado lembramos que ten permanencia garantida, polo que non terá que realizar solicitude de matrícula.
  • Os usuarios de comedor escolar, a parte da solicitude que presentarán do 20 ao 30 de xuño, terán que cubrir os impresos de autoliquidación que se lle facilitarán no centro cando se abra o prazo.

 

Etiquetas

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar