AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO ACADÉMICO 2023-2024

 

Axudas individualizadas:

a) Axudas directas para os alumnos, incluíndo ao alumnado con TDAH(Trastorno por déficit de atención por hiperactividade), que requiran por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atención educativas específicas derivadas de discapacidade, de trastornos graves de conduta ou de trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais.

Tamén poderá ser beneficiario de axudas directas o alumnado con Trastorno do espectro autista (TEA) non incluído no parágrafo anterior e que requira estes apoios e atencións educativas específicas.

b) Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais para familias numerosas.

Tamén poderán ser beneficiarios destes subsidios os alumnos con TEA, pertencentes a familias numerosas, non incluídos no parágrafo anterior.

c) Axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.

d) Subsidio de contía fixa para gastos adicionais de carácter xeral derivados da escolarización dos alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociada a discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe.

Tamén poderá ser beneficiario deste subsidio o alumnado con TEA non incluído no parágrafo anterior e que requira estes apoios e atencións educativas específicas e o alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.

 
Solicitudes
 
As solicitudes tanto de axudas como de subsidios deberán cumprimentarse mediante o formulario accesible por internet na dirección www.educacionyfp.gob.es ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional na dirección https://sede.educacion.gob.es
 
O prazo de presentación de solicitudes estenderase desde o día 8 de maio de 2023 ata o día 20 de setembro de 2023, ambos inclusive.
 
 Información sobre a tramitación da axuda

A información sobre o estado de tramitación do procedemento poderá consultarse a través da dirección electrónica https://sede.educacion.gob.es, no apartado "Mis expedientes".

Así mesmo, os interesados poderán dirixirse á unidade de bolsas da provincia correspondente identificándose como interesados no expediente co NIF ou NIEcorrespondentes.

 
 

 

LISTAS PROVISIONAIS ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023/24

Publicación da resolución provisional de admitidos e non admitidos.

As listaxes teñen carácter provisional e poderán ser obxecto de reclamación ante o Consello Escolar do centro no prazo de cinco días hábiles. 

NORMATIVA REGULADORA DE ADMISIÓN:

- · Orde de 21 de outubro de 2022 (DOG 11/11/22)

· Decreto 13/2022, do 3 de febreiro (DOG 11/02/22)

· Instruccións Xefatura territorial de A Coruña

· Instruccións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

 

Tal e como recolle o artigo 9 da ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

Artigo 9.

Publicación de actos

1. De conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicaranse no taboleiro de anuncios, que unicamente será visible no interior do recinto escolar: a listaxe do alumnado con posto reservado, a relación do alumnado de cada curso co número da solicitude de admisión asignado pola aplicación admisionalumnado no momento da súa gravación e a listaxe provisional e definitiva do alumnado admitido coa puntuación total e do alumnado non admitido. 2. Así mesmo, estarán dispoñibles a través da aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado):

a) A relación do alumnado de cada curso co número da solicitude de admisión asignado pola aplicación admisionalumnado no momento da súa gravación.

b) O estado de tramitación das solicitudes, utilizando o número de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

c) A listaxe do alumnado con posto reservado e a listaxe provisional e definitiva do alumnado admitido coa puntuación total e do alumnado non admitido, utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o certificado dixital e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023/2024

 

 

 

 

Desde o  mércores día 1 e ata o 20 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión  para o vindeiro curso 2023/24, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo, así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, Educación Primaria,  que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.
Unha vez pechado o prazo de solicitudes, as listas provisionais de admitidos e excluídos publicaranse o día 25 de abril, as definitivas o 15 de maio e os prazos de formalización de matrícula serán do 20 ao 30 de xuño para os alumnos de Infantil e Primaria.

Cómpre lembrar que a Consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación admisionalumnado, que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

Deste xeito, garántese o dereito da cidadanía ao acceso electrónico aos servizos públicos, mantendo tamén a posibilidade de presentar esta solicitude de forma presencial.

Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.

Manual para as familias

 

SOLICITUDES

 

 Formulario ED550B

PRAZO E LUGARES DE PRESENTACIÓN

Do 1 ao 20 de marzo, ambos incluídos. A solicitude preferiblemente cubrirase na aplicación admisionalumnado e presentarase en Sede Electrónica ou, de forma presencial, no centro escollido en primeiro lugar

 A solicitude poderá entregarse en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, empregando o formulario normalizado e na administración do centro.

Para máis información podes acceder a páxina da Consellería de Cultura, Educación e Universidade mediante esta ligazón.

 LEXISLACIÓN APLICABLE:

  • ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022 do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

 

Resolución pola que se fai público o resultado do sorteo ao que fai referencia o artigo 34 da orde do 21 de outubro de 2022

AVISO IMPORTANTE:

Cada solicitante poderá presentar unha única solicitude, relacionando nela por orde de preferencia ata seis centros nos que solicita praza. A infracción desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle. Esta instancia será entregada no centro que solicita en primeiro lugar.

O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

Pódense consultar as PRAZAS VACANTES, así como o CRITERIO COMPLENTARIO DO CENTRO clicando neste enlace.

DESFILE COMPARSAS ENTROIDO

    

 

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023/2024

            

INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO 2023/2024

O alumnado de 6º de EP remata a etapa educativa no noso centro e debe facer a RESERVA DE PRAZA no Instituto ao que está adscrito o noso centro, que é o IES Rego de Trabe.

O prazo de solicitude abranguerá do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro do 2023, ambos incluídos

O alumnado que  vaia cursar secundaria noutro centro diferente non debe facer esta reserva. Fará a solicitude no centro ao que desexa acudir entre o 1 e o 20 de marzo.

ALUMNADO QUE CURSARÁ SECUNDARIA NO IES REGO DE TRABE

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 16 de xaneiro de 2023 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

·        

O prazo de solicitude abranguerá do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro do 2023, ambos incluídos.

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

Normativa de aplicación:

·        

Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, ese regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

·        

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 QUEN O DESEXE PODE RECOLLER A SOLICITUDE EN PAPEL NA ADMINISTRACIÓN DO CENTRO CENTRO.

CLIQUE AQUÍ PARA O TITORIAL COAS INSTRUCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZA EN CENTRO ADSCRITO A TRAVÉS  DA APLICACIÓN ADMISIONALUMNADO

MENÚ COMEDOR MES DE XANEIRO