Inicio do procedemento de admisión: Fase de reserva de prazas en centros de adscrición (ÚNICAMENTE PARA ALUMNADO DE 6º EP que continúe no IES REGO DE TRABE)

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2024/2025

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 15 de xaneiro de 2024 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos.

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán o día 22 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

 

Normativa de aplicación:

  • DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220211/AnuncioG0598-040222-0004_gl.html
  • ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C). https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221108/AnuncioG0655-281022-0001_gl.html

 

BO NADAL

MENÚ 2º TRIMESTRE

CIRCULAR INICIO DE CURSO

AUTORIZACIÓN PARA SAIR SÓ/A DO COLEXIO

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria que vaia a saír só do centro, debe ter asinada a seguinte autorización:

 

Pódese recoller en papel na conserxería do centro, e débese entregar asinada.

COMEDOR ESCOLAR CURSO 2023/24

INFÓRMASE que todo o alumnado que presentou a RESERVA  de praza está ADMITIDO no COMEDOR ESCOLAR para o vindeiro curso 2023/24.

En cumprimento da Instrución 3/2023, da secretaría xeral técnica da consellería de  Cultura, Educación,  Formación  Profesional e Universidades do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar 2023-2024 e de conformidade co previsto no artigo 14 do Decreto 132/2013  ás familias dos comensais admitidos provisionalmente ao comedor DEBERÁN ENTREGAR o modelo-impreso de autodeclaración de prezos públicos recollido no Anexo II desta instrución, autodeclaracións que deberán ser entregadas nos centros cubertas en todos os seus extremos antes do 01/09/2023.

PREMER PARA DESCARGAR A Instrución 3/2023, da secretaría xeral técnica da consellería de  Cultura, Educación,  Formación  Profesional e Universidades do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar 2023-2024

 

PREMER PARA DESCARGAR O ANEXO II. AUTODECLARACIÓN DE PREZOS PÚBLICOS

 

CIRCULAR FIN DE CURSO 2022/2023

LIBROS DE TEXTO CURSO 2023/2024

MENÚ COMEDOR ESCOLAR MES DE XUÑO