Actividades
AXUDAS ÁS FAMILIAS DO ALUMNADO BENEFICIARIO DE BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR
No DOG do luns 30 de marzo de 2020 saíu a convocatoria de axudas para compensar ás familias usuarias do servizo de comedor da Xunta de Galicia, que estaban bonificadas como usuarios gratuítos e usuarios de pago de 1€.
Non se oferta para os usuarios de pago bonificado de 2,50€ nin para os de pago do prezo completo de 4,50€.
1. A que persoas van dirixidas?
A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas as familias do alumnado que ostenta a condición de gratuíto e do que por renda familiar resulta pagador dun euro nos centros educativos públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que imparten os niveis de ensinanza básica obrigatoria no segundo ciclo de educación infantil, en educación primaria e no ensino secundario obrigatorio.
E dicir, a familias que durante o curso escolar pagan 0 euros polo comedor, ou1€ polo mesmo.
2. En que consiste a axuda?
As axudas económicas previstas consisten nunha compensación do custo diario do menú por comensal, entendido como o servizo de comida ao mediodía, e polos días de lectivos de suspensión da prestación do servizo como consecuencia das medidas adoptadas pola pandemia do COVID-19.
E dicir, axúdase economicamente a manutención do alumno/a que é o que se viña a facer no centro educativo, por iso non pagaba os 4,50€ de comedor por día que sería o tope máximo a pagar.
3. Que axuda se vai a percibir?
(2,50 €) no casos de alumnado gratuidade total
(1,50 €) para o alumnado que paga 1€
4. Que días cubre esta axuda?
Marzo: dende o día 16 ata o 31 de marzo: en total só 11 días lectivos.
Abril: dende o 1 ó 3 de abril: en total só 3 días.
Prórroga: si se prolonga outros 15 días cubriría (días lectivos) ata o 1 de maio
(non incluído por ser festivo)
5. Como se vai a pagar?
En dous pagamentos.
1º pagamento: polo período de marzo e o de abril ata semana santa (3 abril).
2º pagamento: si se prorroga unha terceira situación de alarma ata o 1 de maio.
6. Como presentar a solicitude e que prazo hai?
Prazo: dende o día 31 de marzo o 6 de abril, ambos inclusive.
Presentación: Forma electrónica sempre, de dúas formas:
A.-Formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal (a partir do día 31 de marzo).
Para iso é necesario ter certificado dixital, ou a chave 365.
B.- En caso de non dispoñer de certificado dixital ou chave 365: no centro: enviando un correo electrónico a ceip.diaz.pardo@edu.xunta.es cos seguintes datos:
- DNI do pai ou nai
- Pagamento: gratuidade total ou abono de 1€
- Nome do alumno/a
- Nome do pai/nai
- Número de conta bancaria
Ou chamando ao teléfono: 881 880608 en horario de 10 a 13 horas.
7. Publicarase a resolución das familias beneficiadas?
NON, porque son datos de especial vulnerabilidade, entón non será exposto publicamente as familias beneficiadas de acordo artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
Aclaración: cada familia saberá si é beneficiaria por ingreso de conta bancaria