RESERVA DE PRAZA, CAMBIO DUN CENTRO A OUTRO A QUE SE ESTEA ADSCRITO

 

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade abre mañá martes 11  o prazo de reserva de praza para o alumnado que remata etapa nun centro escolar e ten que pedila nun centro adscrito (o que lle corresponde ao cambiar de etapa). Para o noso alumnado o centro adscrito é o IES Rego de Trabe, aínda que a solicitude deberá  entregala na administración do CEIP Isaac Díaz Pardo. 

 

 

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opcións descritas a continuación:

  1. Cubrir a solicitude informaticamente e presentala asinada de xeito manual no centro de orixe:
    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrara seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.

     

  2. Cubrir a solicitude informaticamente e asinala en Sede Electrónica
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita . Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.

    IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo I bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualiar e descargar nesta aplicación).

    Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.

     

  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro
    Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

 

 
O prazo de presentación de solicitudes será desde o 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro.

 

 

LISTAXES DE SOLICITUDES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS PARA A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DE PRIMARIA

 

A relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas publicarase exclusivamente no taboleiro de anuncios do centro o día 11 de xaneiro de 2022. 

As persoas interesadas poderán formular reclamación no centro os días 12 e 13 de xaneiro.

A relación definitiva publicarase exclusivamente no taboleiro de anuncios do centro o día14 de xaneiro de 2022.

Serán máscaras hixiénicas reutilizables que cumpran coa normativa UNE 0065, con un número de lavados suficientes para que alcancen para todo o curso.

Para recollelas deberán solicitar cita telefónica a partires do luns 17 na administración do centro. TFNO: 881880609 

 

ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E).

COMEDOR XANEIRO 2022

NADAL 2021

MENÚ COMEDOR ESCOLAR. DECEMBRO

 

 

MENÚ DECEMBRO DIETAS

 

 

Procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado

ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E).

 

ALUMNADO DESTINATARIO

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:

a) 

Non ten que presentar solicitude:

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.

b)  

Ten que presentar solicitude:

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

-Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

-Alumnado matriculado en educación especial.

-Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

-Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

SOLICITUDES (SÓ PARA ALUMNADO NON BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR)

 

                  

Forma de presentación da solicitude: Unicamente de forma presencial no centro educativo no que estea matriculado o/a alumno/a.

                   

Prazo:  do 15 ao 26 de novembro de 2021.

 

 

Para o alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, pase a estar en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia, ou se incorpore

 

a un centro docente público titularidade da consellería ou a un privado concertado procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia

 

pero non sostido con fondos públicos, a solicitude de máscaras poderase presentar no mesmo prazo que a solicitude de libros e material escolar, é

 

dicir, (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula.

 

DISTRIBUCIÓN DAS MÁSCARAS AO ALUMNADO                                                

 

                  

A distribución de máscaras hixiénicas reutilizables ao alumnado realizarase unha vez rematado o procedemento.

 

 

RENOVACIÓN PARCIAL CONSELLO ESCOLAR

       

 

Segundo a RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, iníciase o proceso de dita elección ou renovación parcial dos membros do Consello Escolar deste centro.

 Cómpre a renovación de dous  membros da representación das familias e de tres membros da representación do profesorado.

MENÚ COMEDOR MES DE NOVEMBRO

NOOC "Familias digitales: qué hacer si falla tu ordenador"

O desenvolvemento da competencia dixital do alumnado, como parte do seu proceso formativo, implica o acompañamento e a orientación tanto dos docentes como das familias ao longo do mesmo. Para apoiar ás familias neste labor de acompañamento e seguimento do proceso educativo dos menores en colaboración cos docentes, nace esta iniciativa en colaboración con FAD a través do proxecto Educación Conectada, e o Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado, que inclúe ata oito nano cursos abertos, masivos e en liña ( NOOC) sobre diferentes aspectos da competencia dixital.

 

 

NOOC

"Familias digitales: qué hacer si falla tu ordenador"

 

Sabes que facer si se bloquea o teu ordenador, ou si Internet non funciona?

Sabes solucionar os problemas cotidianos que lles poden xurdir aos teus fillos e fillas cando utilizan un ordenador? 

Queres coñecer xeitos prácticos de resolver estas incidencias?

 

Apúntate xa a este nanocurso “Familias digitales: qué hacer si falla tu ordenador”

Unha formación gratuita, práctica e breve realizada en colaboración co  Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado (INTEF) que vos permitirá reforzar  estratexias educativas e acompañar mellor aos vosos fillos e fillas hijas nos día a día dixital.

¡Reserva agora  a túa praza e comeza xa!

 

Información

 

Image

 

Formato

Online

Datas

Del 27 de octubre al 5 de noviembre de 2021

Esforzo estimado

180 minutos

Destinatarios

Nais e pais