AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO ACADÉMICO 2023-2024

 

Axudas individualizadas:

a) Axudas directas para os alumnos, incluíndo ao alumnado con TDAH(Trastorno por déficit de atención por hiperactividade), que requiran por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atención educativas específicas derivadas de discapacidade, de trastornos graves de conduta ou de trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais.

Tamén poderá ser beneficiario de axudas directas o alumnado con Trastorno do espectro autista (TEA) non incluído no parágrafo anterior e que requira estes apoios e atencións educativas específicas.

b) Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais para familias numerosas.

Tamén poderán ser beneficiarios destes subsidios os alumnos con TEA, pertencentes a familias numerosas, non incluídos no parágrafo anterior.

c) Axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.

d) Subsidio de contía fixa para gastos adicionais de carácter xeral derivados da escolarización dos alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociada a discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe.

Tamén poderá ser beneficiario deste subsidio o alumnado con TEA non incluído no parágrafo anterior e que requira estes apoios e atencións educativas específicas e o alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.

 
Solicitudes
 
As solicitudes tanto de axudas como de subsidios deberán cumprimentarse mediante o formulario accesible por internet na dirección www.educacionyfp.gob.es ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional na dirección https://sede.educacion.gob.es
 
O prazo de presentación de solicitudes estenderase desde o día 8 de maio de 2023 ata o día 20 de setembro de 2023, ambos inclusive.
 
 Información sobre a tramitación da axuda

A información sobre o estado de tramitación do procedemento poderá consultarse a través da dirección electrónica https://sede.educacion.gob.es, no apartado "Mis expedientes".

Así mesmo, os interesados poderán dirixirse á unidade de bolsas da provincia correspondente identificándose como interesados no expediente co NIF ou NIEcorrespondentes.