CEIP DE VIÑAGRANDE-DEIRO

Novas

Distribución de máscaras entre o alumnado

Informamos da publicación da Orde que regula os criterios e procedementos de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria.

Alumnado destinatario:

 1. O alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar, vale de material escolar (non terán que realizar ningún trámite).

2. O alumnado que non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero que cumpra  alguna das seguintes circunstancias:

 a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

 b) Estea matriculado en educación especial.

 c) Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

 d) Alumnado que teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

Deberán presentar solicitude as familias do alumnado que non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero que cumpra algunas das circunstancias que se recolleron anteriormente. Recollerán a solicitude na dirección do centro, onde realizarán o trámite. Coa solicitude será necesaria entregar a documentación complementaria que se indica na Orde do 28 de outubro de 2021. Podedes acceder á Orde a través da seguinte ligazón (premer):

LIGAZÓN

O prazo para presentar a solicitude será desde o 15 ata o 26 de novembro.

Escola de Familias

Primeiro encontro da Escola de Familias: como aprenden as nenas e os nenos. 

Agardámosvos!

PRESENTACIÓN CANDIDATURAS AO CONSELLO ESCOLAR

 

ELECCIÓN DE REPRESENTANTES DOS DISTINTOS SECTORES AO CONSELLOESCOLAR

De acordo coa Resolución do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos e en cumprimento do disposto no artigo 32 do Decreto  92/1998, de 28 de abril, infórmase dos seguintes puntos:

     1.- Ábrese o prazo de presentación de candidaturas de todos os sectores: profesorado, familias e PAS. As candidaturas correspondentes poderanse presentar desde o día  9  de novembro ata o día 16 de novembro.

          Segundo o artigo 38 do decreto 92/1988, de 28 de abril, a representación dos pais/nais no Consello Escolar correspóndelles a estes ou ás persoas representantes legais do alumnado, independentemente do número de fillos/as escolarizados no centro. O dereito a elixir e ser elixido/a correspóndelle ao pai e á nai, ou, se é o caso, ás persoas titoras legais.

2.-O censo electoral das familias estará exposto a partir da data no taboleiro da entra da da Escola. O período de reclamacións ao censo estará aberto desde o día 9 de novembro ata o día 15 de novembro.

3.-Comunicación e envío dos distintos modelos de presentación de candidaturas.

 

Podedes descargar o modelo no arquivo adxunto e presentalo no Centro no prazo indicado.  

 

ROTEIRO DE SAMAÍN

Convidamos a toda a comunidade a gozar do ROTEIRO DE SAMAÍN. Podedes premer na ligazón para coñecer o percorrido e consultar os folletos elaborados polo alumnado. 

ROTEIRO 

Animádesvos?

 

Distribuir contido