CEIP DE VIÑAGRANDE-DEIRO

PROCLAMACIÓN DE CANDIDATURAS PARA AS ELECCIÓNS DE REPRESENTANTES DAS FAMILIAS AO CONSELLO ESCOLAR

 

ELECCIÓNS DE REPRESENTANTES DAS FAMILIAS AO CONSELLO ESCOLAR

PROCLAMACIÓN DE CANDIDATURAS

 

  

Carro Satorun, Rafael

 

Díaz Piñeiro, Diego

 

Hernández Galván Alba

 

Villaronga Chazo María

 

  

 

 

Contra o acordo de proclamación poderase reclamar no prazo de doús días a partir desta publicación.

 

                   

 

ELECCIÓNS DAS PERSOAS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS E TITORES/AS LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR

CONVOCATORIA

Dacordo coa  Resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos,, a Xunta Electoral deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE FAMILIAS DO ALUMNADO, segundo as seguintes normas:

1. De acordo co disposto no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a tres  pais/nais, dun total de cinco que debe ter o Consello Escolar. A outra persoa representante de familias continúa como consecuencia da súa elección anterior no ano anterior. A quinta praza corresponde  designala a ANPA.

2.- Son electores todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais do alumnado matriculado no Centro e incluídos no Censo correspondente que a partir do día 10 de novembro está exposto na entrada do Centro. As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata o día 17 de novembro.

3.- Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do Colexio. As candidaturas poderán ser presentadas entre os días 11 e 18 de novembro, ámbolos dous incluidos.

4.- O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais que non se presenten como candidatos, o día 21 de novembro, ás 13:30 horas. Dita mesa electoral estará composta polo Director do Centro, que actuará como Presidente, e catro pais/nais ou titores legais, actuando de secretario o de menor idade. A Xunta Electoral preverá o nomeamento de suplentes, tam tamén por sorteo.

5.- Poderán actuar como supervisores da votación os pais ou titores legais dos alumnos matriculados no Centro que sexan propostos pola ANPA ou, no seu defecto, que estean avalados cando menos pola firma de 10 electores.

6.- As votacións realizaranse neste Colexio Público o día 29 de novembro, entre as 09:00 e as 14:00 horas e entre as 17.00 e as 19.00 horas.

7.- Na papeleta de votación cada elector fará constar un máximo dous nomes  dos candidatos ou candidatas presentadas, debendo acreditar a súa personalidade a hora de votar, mediante exhibición do D.N.I. ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegable e non se admitirá o voto por correo.

8.- Teñen dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o titor legal dos alumnos.

9.- Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para ao seu envío a Xunta Electoral do Centro.

10.- A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.

   San Miguel, 10 de novembro de 2022

         O PRESIDENTE DA XUNTA ELECTORAL,

Asdo.: Manuel Piñeiro Sánchez

 

 

Podedes descargar o modelo para a presentación de candidaturas no arquivo adxunto e

presentalo no Centro no prazo indicado.  

 

DÍA NON LECTIVO

O día escollido polo centro como NON LECTIVO é o 9 de decembro.

CALENDARIO MERENDAS SAUDABLES

Para poder ver as recomendacións para as merendas saudables deste curso 2022-2023 pica no seguinte enlace:

Flecha hacia abajo - Iconos gratis de flechas

https://drive.google.com/file/d/11U0kDBKf51KLoNBv0NlnQ-hXIlJq8cbw/view?usp=sharing

 

Distribuir contido