O luns 10 de febrero tivemos unha saída para coñecer o "PROXECTO XEROME".
O alumnado de 6º de E Infantil e 1º de E Primaria, xunto co alumnado do centro San Xerome, participamos en tres obradoiros preparados por eles de: cociña, arte e sala multisensorial. Nestes obradoiros puxemos a funcionar todos os nosos sentidos xogando coa escuma, as luces de cores, a pintura, as texturas e incluso fixemos a nosa primeira pizza!
Foi unha experiencia moi enriquecedora e divertida para todos/as nós.
GRAZAS XEROME polo voso traballo, ofertando experiencias tan diversas e chulas como as que estades a facer!!