Biblioteca

"La miniatura" - Conto de Irene Fraguela

¡Ai! ¡Estou emocionada! ¡Ai!
¿Sabedes que? Acaba de chegarme este conto. Resulta que a vosa compañeira Irene, que vén de rematar infantil de 5 anos, xa empezou a escribir contos, na súa LIBRETA-PARA-ESCRIBIR-HISTORIAS. E claro, tan pronto apareceu este na Biblioteca, pensaron en enviarmo para publicar. É unha fermosa historia de amor entre dous singulares personaxes. Cando o leades, darédesvos conta de porqué digo isto. ¡HAAA, HAA! ¡Encántame!
Espero que á volta das vacacións aparezan máis contos. Animádevos a escribir no verán, recordade:
"... de aquí e ata que medie setembro, cando non saibades que facer, ...

ESCRIBIDE UN LIBRO"
¡NORABOA IRENE!
¡RE-QUE-TE-RE-CHÍ-FLA-ME!

Fin de curso 2010/2011

Onte celebramos o FESTIVAL e hoxe a DESPEDIDA DO CURSO, con sendeirismo e maleta de Chispa. Casualmente, por algún que outro problemiña, só temos fotos da saída de hoxe, pero contámosvos todo o que fixemos.
Este foi o programa da festa de onte. Houbo algo de música, algo de teatro, algo de poesía, audiovisuais, un recordo para os momentos importantes do curso e outro para Xoán Farias; a entrega de orlas para os que se nos marchan para o instituto... En fin, un mar de acontecementos.
Hoxe tocou unha marcha por Doniños; alí despedímonos do curso, dos compañeiros e compañeiras ata o ano que vén, pero tamén houbo algunha que outra bágoa polos amigos que cambian de centro.
Ao regreso, aos dous minutos de chegar, empezou a soar por todos os corredores do cole unha música... A MÚSICA DE CHISPA!! E alí estaba a maleta. Coma sempre cun montón de libros, coa agarimosa carta que adoita escribir, coas recomendacións de lectura para o verán e cunhas fermosas libretiñas... ¡Ai! ¡Que fermosas libretiñas! Non sei de onde sacaría a idea, non sei como se lle ocurriría, pero a verdade é que alí estaban. Non nos terían feito tanta ilusión se non fose porque levaban unha sorpresa encerrada: son
LIBRETAS-PARA-ESCRIBIR-HISTORIAS. ¿Vós recordades que "hai anos, moitos, case tantos coma os que levo ao lombo, un mestre de escola díxome, díxonos:
Agora, e ata que medie setembro, cando non saibades que facer, escribide un libro."? ("Desde o corazón da mazá") ¿A que si que nos soan estas palabras? ¿Cantas veces a recordaremos? Este verán guiados da man de Xoán Farias, ao mellor algúns nenos e nenas, ou profes tamén, ou mamis e papis se animen a contar algo nas LIBRETAS-PARA-ESCRIBIR-HISTORIAS. Se así é, desde a nosa Biblioteca estaremos desexando escoitalas.
Esta é a portada das todas as libretas. ¿Que vos parecen?

Agora, deixámosvos cunha longa reportaxe da saída de hoxe a Doniños.


¿Queredes ver un vídeo que nos envían desde pequesPazos. Acaba de saír do forno, vén quentiño, quentiño. Está feito con sorrisos de mel, xeados de tenrura e doces apertas de caramelo. ¡Mmmmmm! Que vídeo máis rico. Grazas, profe Rosa; e grazas, "peques".
Ademais, vouvos contar un segredo, algunhas escenas están gravadas por eses grandullóns que van pasar dentro de dous meses a primaria. ¿A que xa son todos uns especialistas?
Que o disfrutedes.

O Rapaciño e o Pencas. Pequena homenaxe a Xoán Farias

Este é o diálogo entre o protagonista de "Galego. Á beira do mar" e o seu neto. Agora que chega o final de curso facemos memoria e, como cada ano, gústanos darlle forma de libro ás obriñas de teatro que se representaron ao longo do curso na nosa Biblioteca. Este diálogo pertence a ese libro.

Xoán Farias. In Memoriam

Hoxe despedimos tristemente ao noso Xoán Farias. Permanecerá para sempre no corazón da Biblioteca, do Centro e da nosa Comunidade Educativa guiando e vendo medrar aos lectores e lectoras do futuro.
A Biblioteca seguirá co compromiso de difundir a súa obra entre os nosos pequenos, e ás novas xeracións.
O noso agarimo para Lourdes, a súa
familia e todos os que senten a súa perda.




" Hai anos, moitos, case tantos coma os que levo ao lombo, un mestre de escola díxome, díxonos:
-Agora, e ata que medie setembro, cando non saibades que facer, escribide un libro.

-De que clase? -pregunteille.

El sorriu:

-De piratas malaios ou de ananos xigantescos.
E mirando cara a Petunia (hoxe a piques de ser avoa), dixo:
-De como serán os cinco fillos que qu
eres ter e de que coliflor sairá o mozo que ha de enamorarte.
Virouse cara a Carlos (hoxe xa descansa en paz) e suxeriu:

-A historia dun home que inventa calquera chistófano, algo que aínda non o hai, pero do que despois ninguén poderá prescindir.

Puxo o sombreiro, colleu o bastón, deulle unha estocada ao aire e dixo:

-Tamén podería ser sobre o que se move ao voso arredor: as persoas, os trasnos, o vento, etc., etc., etc...
Saudou e
marchou de vacacións."
"Desde o corazón da mazá"

O Segrel do Penedo
*Xabier P. DoCampo na homenaxe a Xoán Farias no Día do LIX. Radio Barullo*
Voces de las dos orillas
Conquistador de jóvenes
Juan Farias, adios a un maestro de la literatura infantil
Blog Literatura Infantil y Juvenil actual
El cocodrilo azul
Público.es
Oretania
La Voz de Galicia

Hai dúas semanas escasas colgabamos esta silueta no corredor:
"Espero que visiten moito a Biblioteca, alí estarei eu facéndolles compañía".

13/06/2011
Hoxe un minuto de silencio encheu a súa Biblioteca.
Hoxe os seus libros encheron a HORA DE LER e a mañá.
Tamén os comentarios sinxelos e sentidos.

Ao longo do día fomos mergullándonos nas páxinas que atopamos sobre el...
Xornal.com. Morre Juan Farias
Ilustradores Aragoneses
Abueliki. Juan Farias nos ha dejado.
Pizca de papel. "Adios a un escritor: Juan Farias"
Nos deja el escritor Juan Farias. iMagOraMa.
Alfredo Gómez Cerdá. Falso Diario. Juan Farias.
Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. Fallece Juan Farias, renovador de la literatura infantil y juvenil.
El Correo Gallego
Muchacha de sal. Adios a Juan Farias, la gran voz de la literatura infantil.

Darabuc
Juan Farias imprescindible. En "Por los caminos de la tierra oral". Blog de Pep Bruno.

Gonzalo Moure Trenor: "En la nueva vida de Juan Farias"


Este é o recordo que entregamos ás familias.

Distribuir contido