Biblioteca

Contacontos no recreo: Bajar la luna del cielo


Mmmm!, xa sei que me retrasei un pouco en dar a esta nova, pero hai quen di que nunca é tarde... "Bajar la luna del cielo", outro conto dos que escoitamos estes días pasados. Esta vez foi o profe Pepe quen nolo contou no recreo do día 1. Xa andabamos preparando o Entroido por iso podedes vernos con algúns colares e flores; eran os mandados do Meco.
Está escrito por Jonathan-Emmett e ilustrado por Vanessa Cabban. O señor Topo tenta baixar a lúa do ceo, e tenta, e tenta e ¿consígueo? Si, dalgunha maneira si, terá que aceptar quedar co seu reflexo. Que fermoso, non?

Aquí podedes ver o conto.

Contacontos no recreo: Siete ratones ciegos


Este venres, a profe Pilar contounos un conto no recreo: "Siete ratones ciegos", de Ed Young. Editorial Ekaré. Cada un dos ratos que percorren estas páxinas contan unha versión diferente do que están a ver; todos están seguros da súa mais non comprenden que só están vendo unha parte da realidade. Cada unha das pezas xunto coas outras forman o TODO. Teremos que reflexionar porque ás veces nos empeñamos en ter razón na nosa forma de ver as cousas, non si?
Atopamos o conto nun vídeo que fixeron algúns alumnos do CP Poeta Juan Ochoa. ¿Querédelo ver? Así poderemos recordar sempre o que nos contou a profe Pilar.


Ou tamén podedes recordalo vendo esta presentación:

MOITAS GRAZAS, PROFE!

Contacontos da Editorial Kalandraka

17/02/2011 11:00
17/02/2011 11:45
Etc/GMT

O vindeiro 17 de febreiro teremos un contacontos de parte da Editorial Kalandraka na Biblioteca do cole para os nenos e nenas de Infantil e 1º ciclo.


Virán desta vez Pablo e Patri??? Que ben o pasamos sempre con eles!!!


 




Pola mañá houbo na Biblioteca unha sesión de Contacontos para os máis pequenos; Infantil e 1º ciclo de Primaria. Escoitamos moi atentamente os contos da boca de Patri e encantounos a música que os acompañaba. Participamos sentándonos coas pernas coma os indios, abrindo moi ben os ollos e as "orellas" e pechando moito, moito, moito a boca. Vimos o gran ovo do crocodilo que se zampaba todo, namoramos da parella diferente: a xirafa e o crocodilo... ¿Recordades a canción? Era algo así como...
Quérote xirafa,
quero estar contigo,
seremos sempre amigos,
xirafa e crocodilo.
Tamén fixemos un repaso de todos os instrumentos que utilizou o Súper- músico- especial; incluso atrevímonos a tocar unha muiñeira. Pasámolo xenial. Prometeron que volverían pronto, así que ata outra!

Caza do tesouro e contacontos polo Día da Paz


Adicamos gran parte da mañá do venres a celebrar o Día da Paz.
A primeira actividade consisitíu na lectura do novo Libro colectivo da Paz, no que traballamos ao longo destes últimos días. Por fin chegou o momento de que todos puidesemos ver o que fixeron os compañeiros e compañeiras dos outros cursos, incluíndo as especialidades, como podedes ver na portada do libro: PAZ EN PAZos.
Despois, como era de esperar, chegou a maleta de Chispa cunha carta, máis libros e as intrucións dunha Caza do Tesouro que tivo lugar despois do recreo e que continuaremos o luns.

E por fin chegou a hora de A CAZA DO TESOURO. Todos os nenos e nenas meturados en dez grupos recorreron cinco postos repartidos polo cole para superar cinco probas, e conseguir cinco pezas dun puzzle, que se correspondía coas portadas de dez libros da PAZ que temos na Biblio. A intriga continúa e ata o luns non saberemos que sorpresa garda o tesouro; para iso aínda deben localizar os libros nos andeis da Biblioteca, coller a chave agochada dentro deles e localizar o cofre. Pffff! Canto camiño queda aínda...

E por fin armamos os puzzles, atopamos os libros, collemos as chaves, abrimos o cofre e... aí estaban as CHAPAS COA POMBA DA PAZ!!
NORABOA a todos e todas pola vosa participación. Para que vexades que aínda sendo moi diferentes podemos funcionar moi ben en equipo, sempre e cando poñamos da nosa parte para logralo, a que si? Así é a sociedade na que vivimos, todos formamos parte do gran grupo e cada quen pode axudar a que día a día sexa mellor.

E como broche final, na hora do recreo, a profe Mª Carmen contounos "A bruxa que comía as palabras bonitas", de Antonio Rodríguez Almodóvar. Despois, entre todos buscamos palabras bonitas, e hai moitas, moitas, moitas; e tamén un final para este conto. Grazas a Mª Carmen por contárnolo; sempre nos gusta escoitar historias, e se estamos na Biblio todos xuntos, mellor.
¿Quen será o próximo en contar un conto no recreo? Mmmmmm, déixame pensar...


Contos no recreo: O horrible monstro ao que lle encantaba ler.

CONTACONTOS no recreo. A profe Rosa agasallounos cunha fermosa historia que traduciu para nós. "O horrible monstro ao que lle encantaba ler", de Lili Chartrand, ilustrado por Rogé .
Estas son as imaxes da sesión de hoxe, e a continuación tedes o inicio do conto para que vos fagades unha idea. A verdade é que pasamos un bo rato vendo como este monstro descubría o que era un libro, e por último, unha paixón descoñecida: o gusto polos contos!
E non me refiro á lambetada que lle deu para probalo...
Grazas, profe. Xa sabes canto nos gustan estas historias...

Distribuir contido