Biblioteca

Chega a primeira maleta de Chispa

Hoxe foi Chispa ao cole!! Cando escoitamos a música saímos todos ao corredor (sen correr) para subir (que no noso cole se sube) á biblioteca.Por pouco a vemos, pero escapou antes de tempo. Chispa é moi pillabana e nunca deixa que a vexamos de todo (ás veces vémola un pouco); hoxe Xaime, o noso conserxe estivo a punto de falar con ela pero, antes de se dar conta, xa non estaba. Pffff! Sempre igual! A maleta pesaba tanto que case non podiamos con ela. Pensamos que traía ladrillos dentro. De verdade que pesaba un montón. Pero resulta que noooonnn, que non traía ladrillos. Viña cheíña de sorpresas: bolsas personalizadas para o empréstito de libros dos máis peques; para os maiores, unhas chapas co novo nome da biblio; para o Equipo da Biblioteca, outras co logo do EQUIPO!!!; e para os mestres e mestras, outras máis moi chulis. Claro, pero o mellor de todo foi o montonazo de libros que había dentro da maleta: así pesaba!

Recreos na Biblio

Hoxe Chispa deixounos unha nota moi pequena debaixo da mesa grande da Biblioteca. Case nin a vemos de pequena que era. Na nota poñía que dentro duns días vai pasar polo cole coa maleta, que está rematando de facer unhas compras.
Nós estamos desexando que veña porque este curso aínda non lle vimos o pelo, e mira que a chamamos, eh?, pero nada de nada.
Esperamos que a semana que vén apareza polo cole; ademais queremos vela, que sempre se nos escapa, e non hai dereito!

Mentres agardamos, deixámosvos unhas fotos para que as vexades. Son de hoxe na hora do recreo.


A Biblioteca vai recuperando o seu ritmo.

Dicimos que recobra o seu ritmo porque despois de tanta celebración
empezamos a ver imaxes como esta.
Normalizamos as visitas e os empréstitos, o traballo do Equipo da Biblio e moitas cousas máis. Os peques xa nos visitaron varias veces e practicamos con Chispa e con Roi como hai que estar na Biblioteca, como hai que coller os libros, como hai que pasar as páxinas, como temos que coidar todo o que alí hai. E agora...
Esperamos que disfrutedes coa lectura!

Biblioteca Xoán Farias, en Serantes, terra que o viu nacer

Unha emotiva celebración e a presenza de tres dos seus amigos, como ben dixeron eles mesmos. Paco Martín, Xavier Senín e Xabier Docampo protagonizaron un acto cargado de cariño, lembranzas e bo humor. E nós, felices de abrirlles as nosas portas nada menos que a eles. No tempo do magosto ou no tempo dos grelos, veñades do mar ou veñades da terra; xuntos ou a contagotas, a vosa presenza sempre honrará a nosa Biblioteca. Grazas. Foron o Alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri e a Concelleira de Cultura, Mercedes Carbajales, os encargados de descubrir a placa co novo nome da Biblioteca. Unha biblioteca que leva funcionando moitos anos pero que foi inaugurada oficialmente hai dous. Grazas a Mercedes polas súas palabras de agarimo e recoñecemento a Juan. Ao son da gaita de Almudena, acompañáronnos pais e nais e algunha avoa; os ex-alumnos Rubén e Gloria, con Miguel; compañeiros do CFR de Ferrol, doutros coles e bibliotecas, Gabriela, Lastra; Sari Alabau, a representante do Concello no noso Consello Escolar; e Mercedes, ex-presidenta da nosa ANPA, representante da AVV de Pazos e eterna colaboradora; Aurora, a encargada do comedor que adiantou a súa chegada; Xaime, o noso solucionador de problemas, sempre; e Juanjo e a súa cámara, sempre, tamén :) Aos que viñeron e aos que non pero que, sabemos, tamén estaban; a todas elas, a todos eles, e aos que, seguro, se me escapan: Moitas grazas.
Biblioteca Xoán Farias

A maceira de Xoán Farias

E por fin, tamén podemos amosarvos o audiovisual que preparamos para celebrar o Día do Libro, adicado a el, o pasado 23 de abril.
"Seguiremos camiñando polos libros e navegando polos mares da man de Xoán Farias"

E a Juan, a Lourdes, á familia Farias, grazas por todo:

As Bibliotecas Escolares Galegas estarán abertas para cando queirades visitalas. A nosa identificarédela polo seu nome: "BIBLIOTECA XOÁN FARIAS". A Biblioteca do CEIP de Pazos.

Publicación da FGSR sobre Juan Farias

A Fundación Germán Sánchez Ruipérez (FGSR) publica este dosier sobre o escritor nado en Serantes, Juan Farias. A nosa Biblioteca leva o seu nome: "Biblioteca Xoán Farias" A Biblioteca do CEIP de Pazos.

 

A súa lectura achéganos á súa figura e á súa literatura. Animámosvos a entrar e mergullarse no seu mundo.

Distribuir contido