AVISOS E NOVIDADES

Protocolo COVID-19

Nos arquivos adxuntos pódese consultar toda a información relativa ao protocolo COVID-19 do CEIP de Pazos, que será actualizada regularmente cando corresponda.

 

Lembrámosvos que o teléfono para comunicar calquera incidencia relativa ao COVID-19 é o

881 930 321

Libros de texto para o curso 2020/2021

No arquivo adxunto podes consultar os libros de texto e material para cada un dos cursos de Educación Primaria para o curso 2020/2021.

Horario de atención ao público

De luns a venres de 12:00 a 13:00 horas

Horarios curso 2020/2021

Premendo nas imaxes a continuación poderás consultar os horarios de cada grupo.

      EDUCACIÓN INFANTIL

 

 

 1º e 2º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 

 3º e 4º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 5º e 6º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 

Reunións de inicio de curso

As reunións de inicio de curso para as familias nas que se explicará o protocolo COVID-19 do centro, especialmente as medidas a adoptar en canto as entradas e saídas, terán lugar nos seguintes horarios e datas:

 

  • LUNS 07, 17,00h: 5º e 6º de Educación Primaria

 

  • LUNS 07, 18,00h: Educación Infantil

 

  • MARTES 08, 17,00h: 1º e 2º de Educación Primaria

 

  • MARTES 08, 18,00h: 3º e 4º de Educación Primaria

 

Datas as excepcionais circusntancias que estamos a vivir, só poderá acudir un adulto por familia. 

Tentaremos minimizar os riscos, facendo unha reunión curta e gardando as medidas de seguridade: Uso obrigatorio de máscara, distanciamento e medidas hixiénicas correspondentes (hidroxel, ventilación)

Pregámosvos que acudades puntuais e subades directamente á aula de Audiovisuais, onde estarán colacadas as cadeiras coa separación aconsellada. Á saída tamén debemos evitar a xuntanza. 

 

Sabemos que os horarios non sempre se adaptan ás circunstncias de todos. Se alguén non poidese acudir, pregamos que se poña en contacto coa titora ou dirección do Centro ao día seguinte. Grazas.

Distribuir contido