AVISOS E NOVIDADES

Fondo Solidario de Libros de texto e axudas para libros e material escolar para o curso 2022/2023

Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 

                                                                                                                   

BENEFICIARIAS
As familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

 a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO).

No noso centro non entraría o alumnado de 5º e 6º por traballar na plataforma EDIXGAL con libros electrónicos.

b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.

c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e EE.

 

Cálculo da renda per cápita da unidade familiar: sumar os recadros 435 e 460 da declaración ou declaracións e dividir entre o número de membros da unidade familiar. Aquelas familias que non fixeron declaración da renda correspondente ao ano 2020 deben ter en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola AEAT. No caso de que algún membro da unidade familiar teña recoñecida algunha discapacidade (igual ou superior 33%), dito membro computa por dous.

PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: do 19 de maio ao  22 de xuño (ámbolos dous inclusive) 

As solicitudes presentaranse:

  1. Por vía electrónica a través da aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros)
  2. De xeito presencial no centro (pode descargar o impreso no enlace que figura máis abaixo).

MOI IMPORTANTE: tanto para ter dereito ás axudas como para acollerse ao fondo solidario é obrigatorio devolver no centro os libros correspondentes ao Fondo Solidario do curso 2021/2022 ao remate do presente curso escolar, agás os cursos de 1º e 2º de EP, por ser de carácter funxible.

Para máis información ou calquera dúbida preguntar chamando ao teléfono 881 930 322

Axudas á escolarización e bolsas de comedor escolar do Concello de Ferrol. Curso 2022-2023

Publicadas as bases reguladoras da convocatoria de axudas á escolarización e bolsas de comedor escolar para o curso 22/23 na web do Concello de Ferrol.

Estas bases teñen por obxecto regular o procedemento para a concesión de axudas, destinadas ás familias do Concello de Ferrol, nel empadronadas, que cumpran cos requisitos establecidos nestas bases e que teñan menores a cargo escolarizados nos centros educativos que se atopen dentro do termo municipal de Ferrol durante o curso 2022/2023.

Establécense dúas liñas de axudas:

  • Liña 1.–Bolsas de comedor escolar: dirixidas a menores que residan en Ferrol e estean matriculados nun centro de ensino público ou concertado da cidade e que cursen: Educación Infantil, Primaria e centros de educación especial da cidade. Tanto nos centros públicos como nos concertados as axudas poderán ser en concepto de almorzo e/ou xantar.
  • Liña 2.–Axudas escolarización (material escolar): dirixidas ás persoas menores de idade que residan en Ferrol e estean matriculados nun centro de ensino da cidade e que cursen: Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional Básica (nas súas diferentes modalidades) e Formación Profesional de Grao Medio.

 

Podes consultar o documento completo ou descargar a solicitude no arquivo adxunto.

AVISO IMPORTANTE

Por motivos técnicos, a sede electrónica da Xunta de Galicia vén de ampliar 24 horas a presentación de solicitudes para o procedemento "ED550B - Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos". Esta ampliación de prazos atinxe en exclusiva ás solicitudes presentadas por esta vía estando o prazo finalizado para a presentación por calquera outro medio.

Eleccións ao Consello Escolar.

De acordo coa resolución do 20 de setembro de 2021 (DOG do 29 de setembro de 2021), da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros de educación non universitaria, a XUNTA ELECTORAL deste centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar no

SECTOR DE NAIS, PAIS E/OU TITORAS E TITORES LEGAIS

segundo as normas que se xuntan no documento adxunto.

 

O prazo de presentación de candidaturas é do 9 ao 16 de novembro de 2021, segundo o modelo que se xunta.

Distribuir contido