Iniciar sesión: Acceso
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Pais/Nais

PLAN DIXITAL

blogue deadmin

PRIMEIRO TRIMESTRE

O presente curso continuamos realizando actividades en relación coa natureza e os cultivos. O 14 de novembro realizamos un obradoiro de Micoloxía que permitiu coñecer, recoñecer e cultivar diferentes cogomelos.

Chegou o SAMAÍN, e o 31 de outubro. fixemos diferentes tarefas: lectura dun conto terrorífico feito nas aulas, decoración do centro, creación de cabazas para exposición, obradoiro de manualidades dun marcapáxinas e fixemos unha queima de medos,...para botalos fóra e desfacernos deles!!

O 9 de novembro, celebramos o Magosto. Degustamos as castañas asadas, fixemos xogos moi divertidos e obradoiro de xoguetes!

O 25N realizamos actividades en relación ao Dia contra a violencia de xénero, que xa puxemos na páxina principal, pois é fundamental, dar a visibilidade e importancia que se merece dito tema. Realizamos un video e un Obradoiro de chapas cos seus propios lemas. Ademais, os mais maiores, 5º/6º realizaron un obradoiro da Cruz Vermella contra o acoso escolar. Dende a escola unímonos ao TOLERANCIA CERO ANTE CALQUERA TIPO DE VIOLENCIA!

Fixemos unha saída ao Centro do Gravado e ao centro de día de Artes.

No museo aprendemos da man da artista da exposición como se crean as súas obras, que materiais empregan, que ferramentas,....

Ademais, visitamos o centro de día onde o alumnado adicou unhas cancións propias do nadal aos usuarios do centro. Cabe dicir, que o alumnado se esforzou en que todo saíse segundo o previsto. Destacar, que para todos, foi un momento moi emotivo.

Rematamos o primeiro trimestre, co tema co que o comezamos, pois tivemos boa colleita  de cogomelos, polo que se decidiu, realizar unha deliciosa receita e conservalos, para poder degustalos cando menos se espere.

Campo a través

Continuamos coas carreiras de campo a través, dentro do programa Xogade, e xa estamos clasificados para a seguinte fase...ánimo campións!

NADAL! FACEMOS POSTAIS

Os nenos e nenos da aula de 3º e 4º elaboramos unhas postais de Nadal para felicitar ás nosas familias! Este foi o resultado, agardamos que vos guste, a nós encantáronnos!

FACEMOS CONSERVAS COS COGOMELOS

Ola!! Recordades que vos contamos que participáramos nun obradoiro de micoloxía? Pois nesta entrada imos contarvos o resultado... Coidamos as pacas para cultivar os cogomelos nas aulas e .... como medraron, xa temos cogomelos!

Pensamos que poder facer con eles, para conservalos durante algún tempo e así máis adiante poder facer algún obradoiro de cociña e poder degustalos; mmmm que rico! Sabedes o que se nos ocorreu? Facer conservas de cogomelos en escabeche!

Foi unha gran experiencia, repartímonos en grupos onde cada quen era o encargado dunha parte do proceso. Foi moi motivador para nós traballar en equipo e conseguir o produto final! 

Mentres argallamos cando poder saborear estes cogomelos, convidámosvos a que olledes este vídeo no que se recolle unha escolla de imaxes deste día!

Deica a próxima!

 

 

OBRADOIRO DE MICOLOXÍA

Ola a todos e todas! Nesta entrada queremos compartir con vós o "Obradoiro de micoloxía", no que tódolos nenos e nenas do colexio participamos. Aprendemos moito sobre os cogomelos, as súas partes, os diferentes tipos de cogomelos que hai, xogamos, pintamos... e sabedes que? Os máis maiores fixeron un preparado para poder cultivar cogomelos no colexio. Veremos que pasará con eses preparados máis adiante!

Aquí podedes ver como nos foi nesta xornada!

Deica a próxima!!

 

 

CLUB DE CIENCIA

 

No presente curso imos a desenvolver un programa de innovación que promove a consellería. Trátase dun CLUB DE CIENCIA, unha actividade extraescolar na que o noso alumnado desenvolverá diferentes habilidades e capacidades tendo como eixo central o ámbito científico.

Cada semana, estaremos inmersos en novos retos e ao longo do curso iremos ensinando as actividades que levamos a cabo. Queres ver o que aprendemos? Pois pincha no seguinte enlace:

https://concienciartes.wordpress.com/

MAGOSTO

Ola a todos e todas! O pasado mes de novembro celebramos no colexio unha festa moi tradicional aquí en Galicia: O MAGOSTO; na que ten moita importancia a castaña; o froito dos castiñeiros.

Neste día, organizamos unha merenda na que degustamos todos xuntos castañas asadas e logo realizamos unha serie de xogos; resaltando así a importancia de combinar unha alimentación saudable coa actividade física.

Pasámolo xenial , foi unha xornada estupenda!

Clicade aquí  para ollar que ben o pasamos!

 


O MAGOSTO

MAGOSTO

Ola a todos e tod@s! O pasado mes de novembro celebramos no colexio o magosto, unha festividade de gran tradición aquí en Galicia; na que combinamos unha merenda con actividade física.

Á hora do recreo, todos os nenos e nenas degustaron castañas asadas con auga. Ao remate desta merenda fixemos unha xornada de actividades de movemento, resaltando a importancia de combinar unha alimentación saudable coa actividade física. 

Pasámolo moi ben e disfrutamos moito da xornada!

Ollade aquí que ben o pasamos!

Até a próxima!

 

CHARLA SOGAMA

O pasado xoves, 7 de xaneiro, visitounos Mayra, dende Sogama, para darnos unha charla sobre a reciclaxe.

Estivo explicándonos a cantidade de lixo que xeramos ao día, como podemos contribuír a reducir isto; e así axudar ao coidado do planeta. Tamén estivemos clasificando diferentes residuos e aclarounos dúbidas sobre como separar os envases nos diferentes contedores e animounos a poñer en práctica as tres erres : REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR!

Clicade aquí para ollar as fotos!

 

REUTILIZANDO NO NADAL

Ola de novo a todos e todas!

Nesta ocasión queremos compartir con todós vós como decoramos o noso colexio no Nadal. Fixemos decorados e manualidades reutilizando materiais que tíñamos nas aulas fóra de uso; decoramos as ventás con copos de neve feitos de papel de periódico, un boneco de neve feito con tapóns de envases, estrelas con paus de madeira máis con briks de leite, unha grilanda feita tamén de tapóns, e unha árbore de nadal con restos de murais e decorados con papeis reciclados!

Pasámolo xenial realizando estes materiais!