Iniciar sesión: Acceso
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Pais/Nais

PLAN DIXITAL

blogue deadmin

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

O pasado venres 29 de marzo tivo lugar no noso colexio un obradoiro titulado "O sabor da aventura esta no mar" que se enmarca  no Plan Proxecta Aliméntate Ben. 

Tivemos a visita do mariñeiro Luís e da cociñeira e mariscadora Mariña. Contáronnos como é a vida e os traballos do mar, e tamén nos falaron dos beneficios que ten para nós o consumo de peixe. Para afianzar o aprendido fixemos uns xogos e pasámolo xenial, foi moi divertido!

Antes de despedirnos entregáronnos un documento que asinamos todos e todas no cal nos comprometemos a aumentar o consumo de peixe e a animar ás persoas a que consuman máis peixe porque teñen moitos beneficios para a nosa saúde.

Foi unha xornada divertida que nos gustou moito. Neste vídeo poderedes ver un resumo do ben que o pasamos!

Deica a próxima!

 

APRENDENDO A APRENDER!

Na semana do 25 ao 29 de marzo estamos a desenvolver a SEMANA DE APRENDER A APRENDER, unha semana diferente na que abordamos diferentes aspectos, na que o noso alumnado aprenderá facendo!!!!

VISITA AO GADIS

A pasada semana todo alumnado do colexio asistiu unha visita didáctica ao Hipermercado Gadis, en Ribeira baixo o programa "Alimentes"

Nesta visita falamos dos grupos de alimentos, dos hábitos de vida saudable, a importancia de consumir os produtos de tempada e da nosa contorna... Visitamos tamén, as diferentes seccións do supermercado onde fomos vendo os diferentes alimentos e os valores nutricionais dos mesmos.

Foi unha xornada que nos gustou moito e nos resultou moi interesante! Aquí vos deixamos unha mostra para que vexades como nos foi a visita!

Clicade nesta imaxe, non o perdades!

 

                          

 

 Ahhh, que non vos dixemos....agasalláronnos unha mochiliña cunha merenda saudable: unha auga, un plátano e un brick de leite! Vaia agasallo, marchamos encantados!

Até a próxima

 

INSTRUMENTOS MUSICAIS CON MATERIAIS DE REFUGALO

Nesta entrada, queremos compartir con todos e todas vós como creamos os instrumentos musicais para "A comparsa do Entroido". Nas aulas, o alumnado foi deseñando, construíndo e elaborando diferentes instrumentos de percusión con materiais de refugallo; con rolos de papel de cociña, botellas de plástico, botes.....materiais que fomos traendo da nosa casa e cos que fixemos uns instrumentos ben bonitos!

Aquí, neste vídeo mostrámosvos como levamos a cabo o proceso e agardamos que vos guste!

 Até a próxima

CAMIÑAMOS E OBSERVAMOS POR ARTES

Ola a todos e todas! Queremos compartir con vós a saída que fixemos por Artes, arredor do colexio. Nesta saída o que fixemos foi observar as diferentes especies vexetais e animais que había, monumentos e construccións....

Ademais de observar o entorno, tamén fomos recollendo todo o lixo que atopamos polo chan e logo ao chegar ao colexio, botámolo nos colectores que temos nós aquí.

Aquí podedes ollar como nos foi a saída!

 

FACEMOS PAPEL RECICLADO

Nesta ocasión queremos mostrarvos o que estamos a elaborar na aula: PAPEL RECICLADO!

Traballamos coas instruccións e así fomos facendo todo o proceso da fabricación do papel

Aquí podedes ver unha mostra do que fixemos, agardamos que vos guste!

Reajustado_IMG_1028.jpg

 

A comparsa dos choqueiros do CEIPP de Artes!

Esperamos que o pasarades tan ben coma nós...

Aquí podedes ver una mostra do ben que o pasamos!!

CLICADE AQUI PARA VER O VIDEO https://youtu.be/nsSmY_k4b2k

ENTROIDO 2019!

ADMISIÓN DE ALUMNADO : AGARDÁMOSVOS!

AGARDÁMOSVOS!

Poden descargar o anexo II para a solicitude.

HOXE COCIÑAMOS

Os nenos e nenas de 3º e 4º estivemos traballando na aula "A ALIMENTACIÓN". Estudamos os nutrientes, os grupos de alimentos en función dos nutrientes que teñen cada un deles, a roda dos alimentos, a dieta saudable, receitas de cociña...

Para rematar , decidimos elaborar unha merenda saudable na aula, na que nos convertemos en cociñeiros e cociñeras. Debatemos entre tod@s que podíamos facer... e decidimos facer uns sándwiches vexetais e batido de amorodo e plátano. Dividímonos en dous grupos, e cada grupo foi o encargado de elaborar unha receita.

Chegou o día.... Foi unha mañá moi divertida. A profe preparou os ingredientes e logo nós, tendo en conta os pasos escritos na receita o pasado día, fomos levando a cabo todo o proceso.

Foi moi divertido, gustounos moito traballar en equipo, converternos por un día en cociñeir@s e o que máis nos gustou foi o resultado ........os sándwiches e o batido estaban DELICIOSOS! Tomamos unha merenda saudable, que moitos de nós nunca probáramos e pareceunos unha experiencia moi gratificante!

Aquí podedes ver como fixemos o noso taller de cociña!

Agardamos que vos guste!