Iniciar sesión: Acceso
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Pais/Nais

PLAN DIXITAL

blogue deadmin

DESEÑAMOS ESPELLOS

Os nenos e nenas de 5º e 6º na materia de plástica estivemos reutilizando diferentes materiais para facer uns espellos. Cortamos rolos de papel en tiras máis finas, pintamos as tiras e logo, cada un de nós, fomos pegando e dándolle diferentes formas á nosa creación artística.

Este foi o resultado! Clicade neste espello para ver algúns dos resultados!

                             

 

 

Que vos parecen?

 

GALEGArtes

No presente curso imos a desenvolver un programa de Innovación sobre a lingua galega "GALEGArtes" que promove a consellería. Pretendemos que se valore e traballe o galego, dun xeito especial;  e que se teña en conta no día a día do alumnado e a comunidade educativa, que a respecten, a valoren e a empreguen, co fin de manter moi viva unha parte tan importante da nosa cultura.

Podedes ver o traballado neste proxecto no seguinte blog:

https://galegartes.wordpress.com/

CLUB DE CIENCIA

 

No presente curso imos a desenvolver un programa de innovación que promove a consellería. Trátase dun CLUB DE CIENCIA, unha actividade extraescolar na que o noso alumnado desenvolverá diferentes habilidades e capacidades tendo como eixo central o ámbito científico.

Cada semana, estaremos inmersos en novos retos e ao longo do curso iremos ensinando as actividades que levamos a cabo. Queres ver o que aprendemos? Pois pincha na marxe dereita, na ACTIVIDADE de CLUB DE CIENCIA.

O QUE SE ENCHUFA RECÍCLASE - OS BOLECHAS

Boas a todos e todas! O pasado venres, 18 de xaneiro, os nenos e nenas de Educación Primaria, tivemos a sorte de levar a cabo no colexio, unha actividade dos Bolechas  sobre a reciclaxe de aparatos electrónicos; que leva por nome     "O que se enchufa, recíclase".

Foi unha actividade moi interesante e divertida. Aprendemos como colaborar na reciclaxe de aparatos eléctricos que xa non usamos: teléfonos móbiles, lavadoras, lámpadas, ordenadores.....

Pasámolo xenial, até creamos un rap sobre a reciclaxe dos mesmos, mirade mirade as nosas fotiños..... 

 

 

<iframe

VISITA MUSEO GRAVADO E CENTRO DE DÍA

Hoxe foi un día diferente!! Visitamos o Museo do Gravado e o centro de día de Artes onde dedicamos unhas panxoliñas aos usuarios. Que ben o pasamos!!

SIMULACRO DE INCENDIO

O día 14 de decembro fixemos un simulacro de incendio coa colaboración do corpo de bombeiros de Ribeira e protección civil, o cal foi un éxito. Moitas grazas a todos

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

CELEBRAMOS O SAMAÍN

O 30 DE OUTUBRO CELEBRAMOS O SAMAÍN: DISFRAZÁMONOS, DECORAMOS O COLE, ESCRIBIMOS CONTOS DE MEDO, FIXEMOS CABAZAS, XOGAMOS E QUEIMAMOS OS MEDOS…

Primeiras plantacións

Coa colaboración de Manolo e do profesorado, o alumnado do cole preparou o compost e a terra, e comezou a plantar o axeitado para este tempo: fabas, allos, brécol, grelos,...todo de forma ecolóxica.

COMEZAMOS CO HORTO NESTE NOVO CURSO