Iniciar sesión: Acceso
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Pais/Nais

PLAN DIXITAL

blogue deadmin

PRAZO ADMISIÓN ALUMNADO 1 - 20 MARZO

Moi boas!

Comeza o período de admisión de alumnado no Colexio Plurilingüe de Artes coas prazas que se ofertan a continuación: 

ROSALÍA CON LUIS VALLECILLO!

Moi boas!

 

Hoxe tivemos a actuación de Luis Vallecillo, artista multidiscplinar que ensinou ao alumnado distintas obras de Rosalía de Castro a través de cancións ritmo diverso.

Podedes ver máis fotos premendo AQUÍ

O alumnado conmemorou o Día de Rosalía dunha forma diferente e moi divertida!

 

Un saúdo!

QUE VIVA O ENTROIDO!

Boas familias!

 

Como xa sabedes este ano o a temática do noso entroido foi a dos Xogos Olímpicos. Por este motivo vimos a nadadores,patinadores, tenistas,tenistas....

Podedes ver as fotos premendo AQUÍ

E despois tocou o desfile e a degustación de orellas e melindros. Coma sempre riquísimas!!

En resumo, un día especial e de moita diversión para as nenas e nenos!

 

Un saúdo!

AS MULLERES E NENAS NA CIENCIA

Moi boas!

Desta volta o Clube de Ciencia recordou e conmemorou a esas mulleres e nenas que fixeron tanto polos avances científicos.

                  

 

O alumnado experimentou e aprendeu  cos seus descubrimentos e fazañas  dunha maneira moi amena!

 

 

Ata a próxima!

PORTAS ABERTAS 2023 / 2024

Moi boas queridas familias!

Comunicámosvos que as xornadas de portas abertas do noso centro serán  o 15 e o 16 de febreiro de 11:45 a 12:30 e o 20 de febreiro de 16 a 18 horas.

Esperamos con entusiasmo que vos animedes a visitarnos e coñezades o noso centro educativo!!

 

Un saúdo!

DIA DA PAZ E CONTACONTOS!

Onte celebramos o Día da Paz na escola lendo os mensaxes relacionados coa educación e a súa aportación cara uns comportamentos pacíficos. Compartimos mensaxes de amizade, de cariño....

Tamén aproveitamos para comezar este curso os contacontos cos que o alumnado fomentará o hábito lector preparando os distintos contos e así poder compartilos cos seus compañeiros e compañeiras.

 

 Un saúdo!

REGRESA O CLUBE DE CIENCIA!

Esta semana comezamos neste curso unha nova tempada do Clube de Ciencia coa axuda de #cienciadivertida.

 

O alumnado gozou cos distintos experimentos e experiencias que lles brindou manipular distintos materiais e as reaccións que provocaban ao interactuar entrre sí.

 

Vémonos na seguinte!

 

Un saúdo!

 

ABRIMOS UNHA PORTA VIOLETA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

SORTEO DA CESTA DA EXCURSIÓN DE FINAL DE CURSO.

Hoxe celebrouse , tal e como indicaban as rifas, o sorteo da cesta do viaxe de fin de curso a Londres.

 

O número premiado foi o ...               

 

                              483

 

https://drive.google.com/file/d/1RxCuqmzXRe5Zh74gY19ZFc2WHLT5QubW/view?u...

 

O horario de recollida para a persoa agraciada é de luns a xoves de 9 a 2 pola mañá e de 16 a 18 pola tarde.

En caso de que o gañador non apareza antes do luns 15 de maio, levarase a cabo un novo sorteo.

 

Un saúdo!

OS SENTIDOS

Nesta sesión do Clube de Ciencias traballamos algo fundamental para nós:os sentidos.

Exprerimentaron cos ollos cerrados distintas texturas intentando identificalas...

Traballaron o tacto, a vista e a memoria recordanddo os obxectos que había na mesa para logo recitalos...

Uliron diferentes produtos para logo saber que eran e logo poñer en común as respostas....

En resumo, traballouse a esimulación dos distintos sentidos que posuímos dunha forma lúdica, creativa e inxeniosa.

Ata a próxima!!