Iniciar sesión: Acceso
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Pais/Nais

PLAN DIXITAL

blogue deadmin

Dia mundial do medio ambiente

Hoxe celebramos o día mundial do medio ambiente, podedes ver o seguinte video, para obter máis información.

 

 

PRESENTAMOSVOS UN ECOSISTEMA MARIÑO

 

Aquí nos presenta un traballiño Andrés, un ecosistema mariño: temos un lugar con auga e rochas, vemos que conta con flora e fauna. Non falta detalle. BO TRABALLO.

ADMISIÓN DE ALUMNADO

No día de onte finalizou o prazo de presentación de solicitudes de admisión para novo alumnado.

 

Coma o  número de solicitudes tramitadas non superou o número de prazas ofertadas non é preciso baremar e TODO O ALUMNADO que presentou SOLICITUDE DE ADMISIÓN na escola ESTÁ ADMITIDO/A terá que FORMALIZAR a MATRÍCULA do 1 ao 10 de xullo.

 

Pola lei de protección de datos, as listaxes provisionais de admitidos/as soamente se poderán consultar no tableiro de anuncios da escola.

Xuntos

O claustro do CEIP Plurilingüe de Artes, acaba de recibir este precioso agasallo por parte dos alumnos/as, do centro. Non están todos os discentes, pero botámosvos moitísimo de menos a todos/as. Temos, moitísimas ganas de poder volver ao cole e estar todos/as XUNTOS, e de poder compartir todas esas experiencias que estades a vivir. 

Moitas grazas a discentes e familias, polo esforzo que estades a facer.

Un abrazo moi forte de todo o claustro, e moito ánimo que xa non queda nada.

 

OLALLA E LARA CONTAN O CONTO DOS PATIÑOS

Ola a todos e todas! Hoxe estamos moi content@s de compartir con tod@s vós o conto "Dos Patiños" que nos enviaron as irmás Olalla e Lara.

Agardamos que o dsifrutedes.

Clicade na imaxe e caladiñ@s que comeza, shh......

               

 

Día Internacional contra LGTBfobia

SON HOMOSEXUAL

SON HETEROSEXUAL

SON TRANSEXUAL

SON HUMANO

SOMOS TODOS IGUAIS

 

Feliz día das Letras

O claustro do Ceip plurilingüe de Artes, deséxavos un esplendoroso día das letras galegas. 17 de maio #euquerogalego

GALICIA: UNHA TERRA, UN POBO, UNHA FALA.

"Galiza somos nós:

a xente máis a fala

se queres a Galiza, 

en ti tes que atopala!"

(Manuel María)

 

NOVOS PRAZOS DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

Tendo en conta a RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020, informamos dos seguintes prazos:

  1. Solicitude de admisión do 11 ao 18 de maio (modelo ED550B)
  2. Publicación das listaxes provisionais de admitidos antes do 9 de xuño
  3. Publicación das listaxes definitvas de admitidos antes do 26 de xuño
  4. Formalización de matrícula do 1 ao 10 de xuño.

 

 

NOA E LÚA CONTAN "A CARAPUCHIÑA VERMELLA"

Ola a todos e todas! Hoxe estamos moi content@s de compartir con vós o conto da Carapuchiña Vermella que nos traen Noa e Lúa.

Clicade na imaxe e....estade ben antent@s que comeza, shhh.......