Blogues

Día do Peón en Educación Infantil

 

Estos días estamos a celebrar o día do Peón con diferentes actividades, desde o noso habitual concurso de baile de peón organizado nos recreos ata un obradoiro impartido por Luís Rama, a quen agradecemos a súa colaboración e implicación

14 N Día Internacional da Diabetes

Hoxe celébrase o Dia Internacional da diabetes e o alumnado de 5º de primaria quixo recordalo amosando esta pancarta.

VISITA AO MUSEO DE BELAS ARTES

O alumnado de  3º, 5º e 6º de Educación primaria visitaron, ao longo da semana pasada, o Museo de Belas Artes de A Coruña. O alumnado participou nas actividades organizadas coñecendo diferentes autores e obras.

Concerto didáctico de música tradicional galega

O alumnado de 6º recibiu a visita da banda musical Agadic, que ofreceu un concerto didáctico de música tradicional gracias a colaboración do Centro Coreográfico de Galicia.

SAMAIN 2023

Esta semana celebramso o Samain con moitas actividades, decoramos as portas das aulas, as cabazas e fixemos un festival en Educación Infantil, rematando cunhas merendas terroríficas. Agradecemos a colaboración e implicación das familias nesta proposta.

CONCRECIÓN CURRICULAR

PLAN XERAL DE ATENCIÓN A DIVERSIDADE

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL 23-24

Limpeza da Praia de Santa Cruz

O alumnado de 5º de primaria levou a cabo a limpeza da Praia de Santa Cruz, esta saída está enmarcada dentro do Programa que o centro leva a cabo en colaboración con CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia)

Distribuir contido