Blogues

Listaxe provisional de concesión e denegación das solicitudes da convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 23-24

Publicada, no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, a listaxe provisional de concesión e denegación das solicitudes da convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2023-2024. Os listados identificarán as solicitudes atendendo ao número de expediente asignado.

                                                                

Pódense consultar en:

 

-          Taboleiro de edictos

https://sede.coruna.gal/opensiac/action/infopublica?method=view&id=18118

-          Páxina web de servizos sociais

 https://www.coruna.gal/serviciossociales/es/detalle-contenido/concesion-de-becas-comedor-curso-23-24-propuesta-provisional/suceso/1453841789651

 

-          Taboleiros dos centros cívicos municipais

 

As persoas beneficiarias de bolsa deberán realizar, no prazo habilitado por cada entidade xestora do comedor, os trámites necesarios (matrícula, reserva de praza...) para dispor dunha praza que permita a súa incorporación ao servizo de comedor durante todo o período subvencionado.

 

O prazo para a presentación das alegacións é de 10 días hábiles, do 18 de xullo ao 1 de agosto de 2023, ambos incluídos, e poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora e Franxa), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

LISTAXE DEFINITIVO DE ADMITIDOS - FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO

Publicado no taboleiro do centro e na aplicación fondolibros, a relación DEFINITIVA de admitidos no fondo solidario de libros de texto 23/24.

Os cheques poderán ser recollidos a partir do 1 de setembro.

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR - CURSO 23-24

Publicada a listaxe de libros de texto de texto e material escolar para o curso 23/24.

Premer no adxunto para ver.

Leticia Barbadillo, premio Merlín de xerais

Os noso parabéns a Leticia Barbadillo, a nosa compañeira mestra de Infantil polo recente Premio Merlín de Xerais pola súa obra xuvenil "A botella de lentellas".

Escola de acrobacias aéreas

O alumnado de 2º de primaria disfrutou da previa á presentación do espectáculo "Glampimg" da Escola de acrobacias aéreas de Sue Moreno.

 

Castro de Viladonga

Esta saída ao Castro de Viladonga, deu a  coñecer ao alumnado de 6º de primaria o mundo castrexo trala conquista romana.

Xanceda

O alumnado de 2º de EP visitou a Granxa Ecolóxica Casa Grande de Xanceda, disfrutando dunha xornada diferente e moi divertida.

 

Sesión de Crossfit

O alumnado de 3º e 4º coñeceron esta famosa técnica de entrenamento deportiva, o Crossfit, viron unha mostra de exercicios e prácticaron durante unha sesión orientados por monitores especializados.

Máis vela...

Nesta ocasión, o alumnado de 6ºA foi o que recibiu un curso e práctica de vela.

 

Coñecemos algo máis de Africa...

O alumnado de 1º B coñeceron tradicións culturais e costumes propios do continente africano.

 

 

Distribuir contido