samaín

Entrega de premios "Contos que meten medo"

Esta semana fíxose entrega dos premios de Samain organizado dende a Biblioteca sobre "Contos que meten medo", dentro das actividades programadas polo Samais. Parabéns a todos e a todas.

 

SAMAIN 2023

Esta semana celebramso o Samain con moitas actividades, decoramos as portas das aulas, as cabazas e fixemos un festival en Educación Infantil, rematando cunhas merendas terroríficas. Agradecemos a colaboración e implicación das familias nesta proposta.

Samaín no Concepción Arenal

 

Foron moitas as actividades e propostas feitas por este Samain.

En Educación Infantil, o xoves, os máis pequenos e pequenas fixemos un conxuro máxico e o venres...todos xuntos, disfrutamos da representación da obra de teatro "Corre, corre, cabaciña" representada polas alumna de prácticas. Cantamos todos xunt@s Os monstruiños e disfrutamos das merendas monstruosas nas clases, como os plátanos pantasmas que fixeron en 3 anos.

Tamén decoramos as portas das aulas, tanto en Infantil como e Primaria, e o centro, con diferentes motivos terroríficos, tivemos un obradoiro para o alumnado de 3º e ata tivemos a visita da Santa Compaña por primaria.

 

Distribuir contido