Blogues

Recomendacións

Entroido 2015

 

ENTROIDO  2015

 

F  O  T  O  S

Galería

 

Ollade

 

 

MANDADOS

 

SEMANA DO 9  ao  13 de FEBREIRO

 

LUNS 9 : Para comezar,

                              cinta na cabeza levarás.

 

MARTES 10 : Para o segundo día

                                            algo na cara levarías.

 

MÉRCORES 11: Para este día tan especial

                                                    algo ao pescozo engadirás.

 

XOVES 12 : Un fular na cintura,

                                       para o último día de locura.

 

VENRES 13 : O venres antroidiño,

         has vir disfrazadiño.


Blog en lingua galega

Concurso de Blogs en Lingua Galega

Image

Os centros de Educación Infantil e Primaria Concepción Arenal, Eusebio da Guarda e Ramón de la Sagra foron os gañadores da primeira edición de Blogues en Lingua Galega  convocada polo Concello da Coruña e dirixida a escolares coruñeses de Primaria e centros de Educación Especial, coa finalidade de fomentar a creatividade nas redes sociais, potenciar a comprensión e a expresión oral e escrita en lingua galegacreando e desenvolvendo un blog de temática libre dentro da aula escolar.

  • O primeiro premio foi para o blog As pequenas periodistas, creado por un grupo de cinco alumnas e alumnos de 4º de Primaria doCEIP Concepción Arenal.
  • O segundo premio, foi para o blog De todo un pouco, elaborado por un grupo de tres alumnas de 6º de Educación Primaria do CEIP Eusebio da Guarda.
  • O terceiro premio obtívoo o blog Bolboreteando, elaborado por escolares e profesores de 4º de Primaria do CEIP Ramón de la Sagra.

Máis información en

Día do Medio Ambiente

 

  

Memoría fotográfica das actividades desenvolvidas na Casa da Auga polos alumnos de 4º, por mor da celebración do Día do Medio Ambiente.

 

 
 

Manos Unidas 2014

"Premio de Relatos para niños y jóvenes Manos Unidas 2014"

Tras as reunións dos xurados dos Premios Mans Unidas,  resultou elixida gañadora  a nivel nacional da 4ª edición da modalidade de Relatos para nenos e xoves  baixo o lema “Un mundo nuevo, proyecto común” a nosa alumna de 6º, Mª Elena Regueiro García co seu relato:

Lejos, pero cada vez más cerca

O xurado valorou o traballo de investigación levado a cabo por Elena para situar a historia, ademais da coidada redacción, o contido e a estrutura do relato.

O obxectivo que guía a Mans Unidas a convocar estes premios de relatos é o de contribuír á sensibilización  acerca da realidade na que viven millóns de persoas nuns países que, aínda que afastados, non deberían sernos indiferentes.

A entrega dos premios terá lugar o 25 de xuño, ás 19:00 h, no Salón de Actos do Edificio Beatriz de Madrid.

A nosa máis sincera noraboa para Elena e animámola a seguir por esa senda literaria na que cremos ten futuro.

 

Máis información en:  http://www.manosunidas.org/noticia/premiosmanosunidas

Picasso coruñés

I edición do Concurso de Debuxo Picasso Coruñés

David Carballo Rodríguez, alumno de 6º do noso Centro, obtivo o Premio José Luis Bugallal Marchesi, á mellor ilustración no Concurso de Debuxo Picasso Coruñés, convocado pola Fundación Emalcsa e coa colaboración do Concello de A Coruña e da Asociáción Pablo Ruiz Picasso de A Coruña. O obxectivo do certame era que os escolares de Galicia recreasen os periódicos que Picasso adolescente fixo durante a súa estadía na cidade. Noraboa aos premiados.

 

 

 

 

 

 
 
     
 A noticia nos medios de comunicación
  

   

 

   

Concurso literario Enfermedades Raras

Concurso literario Enfermedades Raras

 

 O pasado día 28 de febreiro tivemos o honor de asistir á sede da Fundación Barrié para que unha das nosas alumnas de 6º recibira o primeiro premio deste concurso literario, na modalidade de prosa.

Premio ao mellor Relato en Prosa:

"Descubriendo las enfermedades raras"

Mª Elena Regueiro García,CEIP Concepción Arenal, 6º EP

 

  

LETRAS GALEGAS 2014

 

LETRAS GALEGAS 2014

           

Xosé Mª Díaz Castro

BIOGRAFÍA(1914-1989)

- Xosé Mª Díaz Castro naceu nos Vilares de Parga-Guitiriz (Lugo) o 19-02-1914.

- En 1931 como era un neno de saúde moi delicada, os seus pais metérono no seminario Santa Catalina de Mondoñedo.
- Díaz Castro escribe Follas verdes e Follas ao aire, dous cadernos nos que se comeza a intuir o seu particular universo literario.
- Durante a guerra civil fixo de enfermeiro na retaguarda na fronte de Asturias
- En 1936 exerce de profesor no Colexio León XIII en Vilagarcia de Arousa.
- En 1948 tras licenciarse en Filosofía e Letras foise a Madrid onde foi profesor e traductor (chegou a dominar catorce linguas) no Ministerio da Gobernación, instituto de cultura Hispánica e no Consello Superior de Investigacións Científicas.
- No 1954 casa con Teresa Zubizarreta Bengoechea, o 10 de agosto, e teñen tres fillos: José Mari, Maite e Iñigo.
- Na década dos oitenta, xa xubilado, Díaz Castro volveu a Guitiriz. Alí asumiu con naturalidade o feito de que case ninguén valorara a súa obra. Só nos últimos anos da súa vida comezaron os recoñecementos e as homenaxes.
- Morreu en Lugo en 1989

BIBLIOGRAFÍA

- Poemarios : Follas verdes e Follas ao aire
- Nascida d´un son ( 1946 )
- El cántico de la ciudad ( 1946 )
- Poemario “ Nimbos “ ( 1961 )

Penélope

       Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
      e a tea dos teus soños non se move.
      A espranza nos teus ollos se espreguiza.
      Aran os bois e chove.
 
      Un bruar de navíos moi lonxanos
      che estrolla o sono mol coma unha uva.
      Pro ti envólveste en sabas de mil anos,
      e en sonos volves a escoitar a chuva.
 
      Traguerán os camiños algún día
      a xente que levaron. Deus é o mesmo.
      Suco vai, suco vén, ¡ Xesús María!,
      e toda cousa ha de pagar seu desmo.
 
      Desorballando os prados como sono,
      o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
      Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
      ¡ Un paso adiante e outro atrás, Galiza!

 

http://www.youtube.com/watch?v=Haa0sStIqv0 Vídeo cantando o poema Penélope
 
Esta actividade consiste na proxección e posterior debate sobre o documental O instante eterno, un proxecto que botou a andar hai case tres anos co propósito de divulgar a figura do autor de Nimbos . O instante eterno tamén pretende amosar os trazos antropolóxicos, demográficos e sociais do tempo no que viviu Díaz Castro, e que con tanta intensidade latexan en Nimbos. O obxectivo é analizar un mundo, o da Galicia interior, que se atopa en vías de extinción, pero que forma parte indisoluble da nosa identidade cultural.
 
 
 
 
 
  
Luis otero Cebral ( Coordinador do EDL do CEIP Concepción Arenal)

LETRAS GALEGAS 2013

LETRAS GALEGAS 2013: ROBERTO VIDAL BOLAÑO

 
 
LETRAS GALEGAS 2013
 
 
ROBERTO VIDAL BOLAÑO (1950-2002)
 
 
Biografía
 

- Roberto Vidal Bolaño naceu en Santiago de Compostela, no barrio de Vista Alegre, o 31 de xullo de 1950.
- Desde moi novo, con apenas doce anos, comeza a traballar como administrativo nunha empresa de recambios de coches ata que se incorpora ó servicio militar en Ceuta.
- En 1964 asiste ás sesións do cineclub da Asociación Fotográfica Compostelana , onde toda a súa intuición narrativa e dramática basease xa cun coñecemento máis directo dos grandes mestres do cinema universal e todo isto reflexarase nos textos que nos deixou.
- Entre o seu nacemento e a data na que se dá conta da estrea da súa primeira peza teatral, 1965, cando só tiña quince anos, a súa vida transcorre entre o traballo e uns precoces inicios formativos co cine e coa literatura, que acompañaban os seus días de estudo.
- Roberto sempre recoñeceu que en realidade o seu desexo era ser director, pero a ausencia dunha industria audiovisual e dun campo cinematográfico normalizado fixeron imposible que se fixera realidade.
- Roberto Vidal Bolaño armou un Teatro Nacional desde a conciencia das necesidades, desde a necesidade de superación das marxes que a realidade impuña. Nada do seu teatro se entendería sen o seu amor polo cine.
- A súa formación intelectual íaa acadando con estudos nocturnos no Instituto Xelmírez, coa idea de obter o título de bacharelato elemental para matricularse na Escola Oficial de Cine de Madrid non conseguindoo xa que esta pechou e non lle quedou máis remedio que ir adquirindo a súa formación cinematográfica lonxe da escola da época.
- Entre os anos 1971 e 1973, coñece oficios que van desde os ultramarinos ou o automóbil ata unha axencia de viaxes. A súa condición de asalariado e de home en proceso de formación relaciónano, sendo aínda un neno, coas Xuventudes Obreiras Cristiás (as XOC), comezando así á militancia sindical e política antifranquista. A súa primeira peza teatral, O Xogadeiro, estréaa Roberto no colexio Placeres de Marín, durante a celebración do Día do Aprendiz programado por esta organización obreira. Aí comeza a historia do autor máis prolífico da nosa literatura, do dramaturgo esencial do noso teatro, do cineasta que dirixiu teatro porque non puido facer cine.
- En 1974 entra a traballar nunha oficina bancaria de Compostela, pero xa dá pasos cara á súa profesionalización no teatro. Crea con Xaquín García Marcos o grupo de teatro Antroido e dirixe en 1975 o espectáculo Amor e crimes de Xan o Panteira, de Eduardo Blanco-Amor, no que participa tamén como actor. Un ano despois, chega Laudamuco, señor de ningures, aquela reflexión sobre as formas do poder tan próxima ao esperpento, que recibirá o premio Abrente.
- En 1976, casa con Laura Ponte tendo un fillo (Roi), unha das nosas máis grandes actrices. Roberto vive unha fase dunha intensa actividade teatral e creativa. Son os primeiros anos dun teatro galego que toma conciencia de si, nos que el é figura dinamizadora e protagonista das montaxes máis sobranceiras como director, como dramaturgo e tamén como actor. Talvez entre todas elas, o Laudamucosexa a máis lembrada, porque irrompeu nun tempo escuro coma un raio de luz e de liberdade expresiva e creativa. 
- En 1977, Roberto é despedido da entidade bancaria na que traballaba. Esa incidencia laboral tamén determinará a intensidade e a insistencia da súa dedicación ao teatro. Memoria de mortos e ausentes(1978), Antroido na rúa(1978), Ruada das papas e do unto(1981), Touporroutou da lúa e do sol(1982) ou Romance dos figos de ouro(1983) son algúns dos seus espectáculos durante o dito período. Mais neses anos destaca sobre todo a estrea, un 16 de maio de 1978, do citado Laudamuco, señor de ningures, no Colexio La Salle, de Santiago de Compostela, dirixido por Eduardo Alonso, no que Roberto é actor protagonista. E tamén a estrea en 1980 do seu texto Bailadela da morte ditosa, un espectáculo do Teatro do Estaribel con dirección de Eduardo Alonso, que recibiría ese mesmo ano o Premio Abrente. O Teatro do Estaribel fora unha cooperativa na que participaron os grupos antroido e Andrómeda.
- En 1983, Roberto regresa a unha das súas actividades recorrentes: a dramaturxia sobre textos doutros autores da literatura galega. Era 1983, e o Percival e outras historias de X.L. Méndez Ferrín líase coma un clásico da nosa literatura e interpretábase non só en clave literaria senón tamén na súa dimensión política. Roberto mergúllase no seu universo e constrúe unha brillante dramaturxia para o espectáculo Percival, producido por Teatro Antroido, no que participa ademais como actor protagonista e director. O Percivalde Roberto Vidal Bolaño, é un espectáculo multidisciplinar no que se combinan actores con bonecos e se acompaña con música e proxeccións, vai recadando un éxito notable en Galicia e fóra.
- O mesmo ano da creación do Centro Dramático Galego, Roberto Vidal Bolaño escribe e dirixe Agasallo de sombras, unha visión desmitificadora e densa arredor de Rosalía de Castro e da súa relación con Manuel Murguía. A obra é a segunda montaxe do CDG e el foi vetado polo poder político.
- O seu Caprice des Dieux, un monólogo estreado en 1985, escrito e interpretado por el, é unha visión profundamente crítica do teatro galego e dos seus personaxes. Así, sen abandonar a escrita nin o espectáculo teatral, a súa participación en proxectos audiovisuais vai tomando máis corpo. E será no sector audiovisual no que encontre a súa principal fonte de ingresos, ata que no ano 1991 obtén o Premio Álvaro Cunqueiro con Saxo Tenor.
- No ano 1985, nace a Televisión de Galicia, e con ela empezan as primeiras industrias audiovisuais. Entre elas, a da dobraxe de películas ao galego. Roberto participa como actor, director de sala e director artístico da produtora CTV-Galaxia neses primeiros pasos que a nova actividade artística empeza a dar en Galicia. Asume ese traballo non só como un medio de vida, senón como un labor profesional e artístico de primeira importancia para un proceso de normalización cultural e lingüística que empeza a pilotar a TVG, que emite a totalidade da súa programación en galego. A TVG será o primeiro medio de masas da historia de Galicia que se enfronte á necesidade de cubrir a totalidade da súa programación con todo o repertorio de roles da lingua, de amosala, polo menos virtualmente, como unha lingua plenamente normalizada. Para ese labor ten que contribuír tamén, e coa máxima eficacia, a dobraxe de películas. Roberto comprendía que o labor da TVG era esencial nese proceso, por iso proxectou diversas propostas de produción para a televisión pública.
Durante o seu período de maior actividade audiovisual, Roberto seguiu escribindo, dirixindo e producindo teatro. Cochos(1986) é talvez a súa peza máis salientable.
- En 1987 escribe e dirixe Novo de Parmuíde, unha película de 56 minutos baseada en relatos de Álvaro Cunqueiro. Pero tamén contribúe como actor noutros proxectos, como Sempre Xonxa(1989), de Chano Piñeiro, ou como a serie emitida pola TVG Os outros feirantes(1989), dirixida por Xosé Cermeño e baseada en textos da obra homónima de Álvaro Cunqueiro. Por esa época, comeza tamén a rodaxe do episodio piloto da serie Morosos Varios, que el mesmo escribe e dirixe.
- En 1988 sepárase de Laura Ponte e comeza unha relación sentimental con Cruz Comesaña ata a morte prematura da actriz en 1989.
- En 1991, conseguía o Premio Álvaro Cunqueiro coa súa obra Saxo Tenor, unha peza dramática de clara raizame cinematográfica.
- En 1992 volve casar, con Belén Quintáns coa que ten unha filla (Carme), a quen coñeceu un par de anos antes, que sería a súa compañeira ata o derradeiro momento, non só no plano persoal, senón tamén no profesional. Con ela funda ese mesmo ano a compañía Teatro do Aquí, coa que Roberto , con Belén como produtora, poñería en escena talvez o máis poderoso da súa inxente produción dramática. Días sen gloria obtén o Premio Rafael Dieste e queda finalista do Premio Nacional de Literatura. Publicanse algúns dos seus textos xa clásicos, como Bailadela da morte ditosa, Agasallo de sombras ou Cochos.
- En 1993 dirixe para a súa compañía Saxo Tenor. O espectáculo é probablemente a primeira grande produción do teatro galego independente. O texto será publicado por Edicións Xerais de Galicia. Tamén estrea coa mesma compañía Días sen gloria, dirixida por Quico Cadaval, na que participa como protagonista.
- En 1994, Roberto recibe o primeiro premio do certame Camiño de Santiago de Teatro Profesional por unha obra que necesariamente ía levantar polémica:
As actas escuras queson un episodio máis desa brillante carreira literaria, e é unha peza dramática de estrutura e tramas cinematográficas, unha película sobre un escenario contada coa mestría espacio-temporal e de creación de personaxes que se lle esixiría á mellor das novelas. Nesta obra, Roberto móstrase coma un dos escritores máis sobranceiros e profundo da nosa literatura.
Entre ese ano e o ano da súa morte, Roberto, sen abandonar de todo a súa conexión co mundo audiovisual, sobre todo como actor e esporadicamente como guionista e director, reintégrase con plenitude ao campo teatral. Son os seus anos máis produtivos, non só como dramaturgo, senon tamén como actor, director, iluminador, etc. É a satisfacción dunha das súas metas: a plena profesionalización teatral.
- En 2001 participa como guionista e como actor na miniserie Un Mundo de Historias, unha produción da TVG consistente na adaptación de relatos da nosa literatura. Roberto Vidal Bolaño encargouse da adaptación de "Cara de Lúa", de Ánxel Fole, e de "O noxo" de Eduardo Blanco-Amor. Tamén estaba previsto que dirixise os episodios correspondentes a eses relatos, pero a súa enfermidade, diagnosticada no medio da rodaxe, apartouno desa posibilidade. Ademais dos guións destes dous episodios, Roberto participou ata os seus últimos días no equipo de desenvolvemento dese proxecto da TVG.
- Morreu en Santiago o 11 de setembro de 2002 victima de cancro de pulmón.
 
Bibliografía

   

 
 
 
 
Teatro:
- Laudamuco, señor de ningures; Ledaíñas pola morte do Meco. Santiago de Compostela: Pico Sagro, 1977.
-
Bailadela da morte ditosa. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco, 1992.
-
Agasallo de sombras. Santiago de Compostela: El Correo Gallego, 1992.
-
Cochos. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco, 1992.
-
Días sen groria. A Coruña: Deputación Provincial da Coruña, 1992.
-
Saxo tenor. Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 1993.
-
Touporroutou da lúa e do sol. A Coruña: Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, 1996.
-
Doentes. A Coruña: Deputación Provincial da Coruña, 1998.
-
A ópera de a patacón. Vigo: Edicións Xerais, 1998.
-
Rastros. Santiago de Compostela: Edicións Positivas, 1998.
-
Mar revolto. Santiago de Compostela: IGAEM, 2001.
-
Animaliños. Santiago de Compostela: Follas Novas, 2003.
-
Integral. Ferrol: Edicións Embora, 2003.
-
A burla do galo. Santiago de Compostela: Instituto Galego das Artes Escénicas e musicais, 2004.
- As actas escuras. Santiago de Compostela: Concello de Santiago de Compostela, 2005.
 
Ensaio
 
- Perspectivas do Teatro Galego Actual (2002)
 
Luis Otero Cebral coordinador do EDNL
CEIP Concepción Arenal-A Coruña
Caderno Pedagóxico sobre As Actas Escuras, no Centro Dramático Galego.
Fragmento de Rastros, lido por Camilo Franco, na Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega.
"Perspectivas do teatro galego actual", en Alonso Girgado, L. (coord.). Actas I Xornadas das Letras Galegas, Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 1998. Consultable na Biblioteca Virtual Galega.
Actividades SEMINARIO GALÁN  http://seminariogalan.org/
Material Letras Galegas:  CANCIÓNS  :  Espirito Vidal Bolaño ;  Meu o mundo é!  
Carteis e Guías das Letras Galegas:  http://www.xunta.es/linguagalega/roberto_vidal_bolano

Entroido 2014

ENTROIDO  2014

 

 

 

MANDADOS

 

 

 

SEMANA DO 24  ao  28 de FEBREIRO

 

 

LUNS   24 :  Comezamos co entroido de etiqueta,

terás que revirar a chaqueta.

 

MARTES  25 : Se de elegante queres seguir,

                        con gravata terás que vir.

 

MÉRCORES 26:  Para non desentonar,

                             a cabeza has de adornar.

 

XOVES   27 :   Para non resfriar os pés,

                         con zapatos diferentes vés.

 

VENRES  28 :  O venres,

    que é festa grande,

                         para o recreo,

    non sexas cobarde

    e disfrázate.

Distribuir contido