Blogues
Concurso literario Enfermedades Raras
Enviado por admin o Mér, 04/30/2014 - 08:34Concurso literario Enfermedades Raras
O pasado día 28 de febreiro tivemos o honor de asistir á sede da Fundación Barrié para que unha das nosas alumnas de 6º recibira o primeiro premio deste concurso literario, na modalidade de prosa.
Premio ao mellor Relato en Prosa:
"Descubriendo las enfermedades raras"
Mª Elena Regueiro García,CEIP Concepción Arenal, 6º EP
LETRAS GALEGAS 2014
Enviado por Anónimo o Lun, 02/24/2014 - 18:15
LETRAS GALEGAS 2014
Xosé Mª Díaz Castro
BIOGRAFÍA(1914-1989)
- En 1931 como era un neno de saúde moi delicada, os seus pais metérono no seminario Santa Catalina de Mondoñedo.
- Díaz Castro escribe Follas verdes e Follas ao aire, dous cadernos nos que se comeza a intuir o seu particular universo literario.
- Durante a guerra civil fixo de enfermeiro na retaguarda na fronte de Asturias
- En 1936 exerce de profesor no Colexio León XIII en Vilagarcia de Arousa.
- En 1948 tras licenciarse en Filosofía e Letras foise a Madrid onde foi profesor e traductor (chegou a dominar catorce linguas) no Ministerio da Gobernación, instituto de cultura Hispánica e no Consello Superior de Investigacións Científicas.
- No 1954 casa con Teresa Zubizarreta Bengoechea, o 10 de agosto, e teñen tres fillos: José Mari, Maite e Iñigo.
- Na década dos oitenta, xa xubilado, Díaz Castro volveu a Guitiriz. Alí asumiu con naturalidade o feito de que case ninguén valorara a súa obra. Só nos últimos anos da súa vida comezaron os recoñecementos e as homenaxes.
- Morreu en Lugo en 1989
BIBLIOGRAFÍA
Penélope
Un paso adiante e outro atrás, Galiza, e a tea dos teus soños non se move.A espranza nos teus ollos se espreguiza.
Aran os bois e chove. Un bruar de navíos moi lonxanos che estrolla o sono mol coma unha uva.
Pro ti envólveste en sabas de mil anos,
e en sonos volves a escoitar a chuva. Traguerán os camiños algún día a xente que levaron. Deus é o mesmo. Suco vai, suco vén, ¡ Xesús María!, e toda cousa ha de pagar seu desmo. Desorballando os prados como sono, o Tempo vai de Parga a Pastoriza. Vaise enterrando, suco a suco, o Outono. ¡ Un paso adiante e outro atrás, Galiza!
LETRAS GALEGAS 2013
Enviado por Anónimo o Lun, 02/24/2014 - 18:11LETRAS GALEGAS 2013: ROBERTO VIDAL BOLAÑO
- En 1977, Roberto é despedido da entidade bancaria na que traballaba. Esa incidencia laboral tamén determinará a intensidade e a insistencia da súa dedicación ao teatro. Memoria de mortos e ausentes(1978), Antroido na rúa(1978), Ruada das papas e do unto(1981), Touporroutou da lúa e do sol(1982) ou Romance dos figos de ouro(1983) son algúns dos seus espectáculos durante o dito período. Mais neses anos destaca sobre todo a estrea, un 16 de maio de 1978, do citado Laudamuco, señor de ningures, no Colexio La Salle, de Santiago de Compostela, dirixido por Eduardo Alonso, no que Roberto é actor protagonista. E tamén a estrea en 1980 do seu texto Bailadela da morte ditosa, un espectáculo do Teatro do Estaribel con dirección de Eduardo Alonso, que recibiría ese mesmo ano o Premio Abrente. O Teatro do Estaribel fora unha cooperativa na que participaron os grupos antroido e Andrómeda.
- En 1994, Roberto recibe o primeiro premio do certame Camiño de Santiago de Teatro Profesional por unha obra que necesariamente ía levantar polémica: As actas escuras queson un episodio máis desa brillante carreira literaria, e é unha peza dramática de estrutura e tramas cinematográficas, unha película sobre un escenario contada coa mestría espacio-temporal e de creación de personaxes que se lle esixiría á mellor das novelas. Nesta obra, Roberto móstrase coma un dos escritores máis sobranceiros e profundo da nosa literatura.
- Bailadela da morte ditosa. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco, 1992.
- Agasallo de sombras. Santiago de Compostela: El Correo Gallego, 1992.
- Cochos. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco, 1992.
- Días sen groria. A Coruña: Deputación Provincial da Coruña, 1992.
- Saxo tenor. Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 1993.
- Touporroutou da lúa e do sol. A Coruña: Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, 1996.
- Doentes. A Coruña: Deputación Provincial da Coruña, 1998.
- A ópera de a patacón. Vigo: Edicións Xerais, 1998.
- Rastros. Santiago de Compostela: Edicións Positivas, 1998.
- Mar revolto. Santiago de Compostela: IGAEM, 2001.
- Animaliños. Santiago de Compostela: Follas Novas, 2003.
- Integral. Ferrol: Edicións Embora, 2003.
- A burla do galo. Santiago de Compostela: Instituto Galego das Artes Escénicas e musicais, 2004.
Actividades SEMINARIO GALÁN http://seminariogalan.org/
Material Letras Galegas: CANCIÓNS : Espirito Vidal Bolaño ; Meu o mundo é!
Carteis e Guías das Letras Galegas: http://www.xunta.es/linguagalega/roberto_vidal_bolano
Entroido 2014
Enviado por admin o Lun, 02/10/2014 - 11:20ENTROIDO 2014
MANDADOS
SEMANA DO 24 ao 28 de FEBREIRO
LUNS 24 : Comezamos co entroido de etiqueta,
terás que revirar a chaqueta.
MARTES 25 : Se de elegante queres seguir,
con gravata terás que vir.
MÉRCORES 26: Para non desentonar,
a cabeza has de adornar.
XOVES 27 : Para non resfriar os pés,
con zapatos diferentes vés.
VENRES 28 : O venres,
que é festa grande,
para o recreo,
non sexas cobarde
e disfrázate.
Día da PAZ 2014
Enviado por admin o Xov, 01/16/2014 - 21:16Día da Paz
O vindeiro 30 de xaneiro de 2014 celebraremos, como ven sendo habitual, o Día da Paz.
As actividades que temos programadas para esa data son:
-
Sobre unha grande pomba branca, pegaremos as fotos das nosas caras, como símbolo de unión para a Paz.
-
Realizaremos as seguintes danzas típicas dos países que indicamos:
-
Educación Infantil: danza de Haití
-
Educación Primaria:
-
Primeiro Ciclo: danza de Finlandia
-
Segundo Ciclo: danza de Os Andes
-
Terceiro Ciclo: danza de México
I Concurso Escolar de Blogs de Aula en Lingua Galega
Nadal 2013
Enviado por admin o Xov, 12/12/2013 - 13:41Nadal 2013
É tempo de Nadal.
Aquí quedan recollidas as postais gañadoras do concurso deste ano.
As finalistas pódense visualizar na sección de galería. Para acceder a ela preme sobre o seguinte enlace GALERÍA ou ben sobre o botón correspondente, situado na cabeceira desta web (esquina superior dereita).
TEATRO: Foto de Nadal
Obra de teatro realizada polos nenos e nenas de 4ºA do noso Centro
Recomendacións para este tempo.
BUENOS AL RESCATE
Enviado por Anónimo o Mar, 04/02/2013 - 11:01
Buenos al rescate
Narrador: Hace mucho tiempo en un país muy lejano habitaba un temible monstruo y un hábil ninja. Pero un día llegó un vaquero inglés junto con su fiel gata, con el único propósito de vencer al ninja y al monstruo. Veamos como ocurrió.
Vaquero: (Hojeando el periódico) Maldito ninja, no para de robar bancos.
Gata: Pues el monstruo ya ha raptado a siete personas.
Vaquero: Son unos verdaderos monstruos, son temibles, son…
Policía:(Sin dejar de terminar la oración) ¿De qué estáis hablando?
Gata: De que los villanos del pueblo están cometiendo crímenes, y muchos.
Policía: Estoy pensando en ir a su castillo a atraparlos.
Vaquero: Comparto tu opinión venga, vamos.
Narrador: Y así fue como el vaquero, la gata y el policía fueron al castillo, a derrotarlos. Pero a la mañana siguiente, cuando iban al castillo de los malvados, la gata desapareció. Pero en su cojín una nota que decía lo siguiente:
"Si queréis ver con vida a la gata atreveos a venir a nuestro castillo y luchar en nuestro festival y recuperar a la gata"
Firmado: El monstruo y el Ninja.
Policía: Rápido, vamos a salvar a la gata.
Narrador: Cuando llegaron al castillo el ninja dijo así.
Ninja: Moriréis, y haré con vosotros papel higiénico.
Monstruo: Bien dicho ninja, pero déjame a uno, las tripas funcionan bien como estropajo.
Ninja: Tú lo has dicho colega, tú lo has dicho.
Vaquero: Esas serán tus últimas palabras.
Narrador: Empieza la pelea entre el ninja y el vaquero y el monstruo y la policía, al final ganaron los buenos, liberaron a la gata y es caparon los malos,pero eso es otra historia.
Sergio Fernández Regueira 6ºA.
O ENTROIDO
Enviado por Anónimo o Mar, 04/02/2013 - 10:53
O ENTROIDO
O Entroido é especial todos rimos e o pasamos xenial.
Nesta epoca do ano todos nos disfrazamos e tí connosco virás e nadie o descubrirá.
Camuflada irás e os disfraces verás e logo á cabalgata visitarás e moitos caramelos collerás. Marcela Mato García y Paula Álvarez Díaz 6ºA
|
||
O ENTROIDO
Xa chega,xa chega, xa chega o entroido e a xente disfrazase nun descoido. Xa está aquí, xa está aquí ah por fin. As rapazas disfrázanse de: princesas, holandesas, ata van de francesas. Os rapaces de: Superhomes, doutores e tamén de moitos cores. É así acaba este poema, con un pouco de problema. Carmen María Guarnizo Castillo 6A |
||
EL CARNAVAL ESPECIAL
Enviado por Anónimo o Mér, 03/20/2013 - 23:09
EL CARNAVAL ESPECIAL
El carnaval es una era especial en la que uno se disfraza |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- seguinte ›
- última »